África López rescata a máis mulleres que dan que pensar

La Voz

VIGO

MARCOS MÍGUEZ

A doutora en Filosofía Presenta a súa obra hoxe en Librouro

31 ene 2020 . Actualizado a las 05:35 h.

África López Souto (A Coruña, 1966), é a autora do libro Mulleres que (nos) dan que pensar, que hoxe presenta en Vigo acompañada por Carme Adán e Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia. Na obar fala e rescata a historia de mulleres que foron agochadas e banalizadas, para dar a coñecer, por exemplo, que existiu unha oceanógrafa como Ángeles Alvariño, a primeira almiranta, Sabela Barreto; a primeira farmacéutica galega, Manela Barreiro, as primeiras universitarias. A enumeración é longuísima e aínda será máis e dar pasos sen ter que ser sempre pioneiras. Doutora en Filosofía, López Souto, actualmente é profesora desta materia no IES Urbano Lugrís de A Coruña e tamén escribiu obras sobre Concepción Arenal (Baía, 2004) e Simone de Beauvoir (Baía, 2008).

Hoxe • 20.00 horas • Librería Librouro (Eduardo Iglesias, 12) • Entrada libre •