Cohete Suárez non dá opción aos rivais no rali Rías Baixas

la voz VIGO

VIGO

Óscar Vázquez

O salcedense Jorge Pérez fíxose coa segunda posición na cita automobilística

25 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Non houbo sorpresas no 54º rali Rías Baixas e José Antonio Cohete Suárez, xunto con Alberto Iglesias, impúxose na terceira proba da tempada puntuable na Copa de España de Rallyes de Asfalto (CERA). Os asturianos do Skoda Fabia Rally2 dominaron o rali de principio a fin e só deixaron polo camiño o último scratch do día, que foi para o tamén asturiano Óscar Palacio, nesta ocasión copilotado por Nacho Aviñó. Pese a todo, non puido pasar da sétima posición, lastrado por dous rebentóns onte.

Outro dos puntos de atención da xornada foi a gran pelexa pola segunda posición mantida entre Jorge Pérez-Avelino Martínez e Sergio Vallejo-Álvaro Louro, que finalmente se decantou do lado do equipo salcedense co Citroën DS3 R5, que segue sumando podios e destacados resultados alí onde participa. Un total de 24 segundos separaron a ambos equipos na loita por ser o seguinte clasificado tralos vencedores.

Fóra xa do podio, Pablo Rey e Albert Orriols (líder actual do Campionato Catalán de Rallyes) completaban o grupo dos cinco primeiros clasificados. David González e Gustavo Piris, sextos, eran os mellores entre a categoría N5.