Poesía e música no día de Rosalía

La Voz

VIGO

XOAN CARLOS GIL

24 feb 2023 . Actualizado a las 05:10 h.

A Deputación de Pontevedra conmemora o Día de Rosalía cun acto na sede de Vigo ás 19.00 horas. Será un espectáculo multidisciplinar conducido pola actriz Mónica Camaño no que interactuarán ilustración, poesía e música. As protagonistas serán o artista Marcos Escudero, as poetas Alba Cid e María Lado e as intérpretes Margarida Mariño e Alba Barreiro. Consistirá nun recitado poético con música en directo e ilustracións feitas en area coa técnica coñecida como sand painting ou sand drawing. Ademáis procederase á lectura do manifesto da AELG por parte de Xavier Queipo. Nos actos entregaranse flores da camelia «Rosalía de Castro» e exemplares de dous libros da Colección Cíes: «A conversa expansiva» e «Dicir unha illa».