Os alumnos do CEIP Valle Inclán de Vigo rescatan o mar de Fernández del Riego

B.R.S. VIGO / LA VOZ

VIGO

M.MORALEJO

O colexio editou un libro cun poema inédito de don Paco como agasallo para o Museo do Mar

17 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Os alumnos de sexto curso do CEIP Valle Inclán de Vigo foron onte os protagonistas da presentación dun texto inédito de Francisco Fernández del Riego, Galicia e o mar. Exemplares do poema editado nun libro polo colexio vigués como agasallo para o Museo do Mar, foi entregado tamén ás persoas convidadas ao acto. Entre elas se atopaban dúas sobriñas do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Ana e Eugenia Bermúdez. O xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, e o concelleiro de Educación, Gorka Gómez, respaldaron coa súa presencia o evento no que tamén se proxectou o formato en vídeo do texto no que os nenos de varios cursos lle poñen voz ás verbas de don Paco.