Obrigan a unha nai monoparental con dous orfos a devolver 9.400 euros

e. v. pita VIGO / LA VOZ

VIGO

Sede del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en A Coruña
Sede del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en A Coruña Marcos Miguez

Recibía achegas á crianza e o IMV pero un dos meniños cumpriu os 18 anos

17 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) obriga, nunha sentenza do 14 de marzo, a unha nai monoparental con dous orfos ao seu cargo a devolver 9.440 euros ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) porque recibiu prestacións indebidas. A nai cobraba axudas á crianza, á que sumou outra achega polo Ingreso Mínimo Vital (IMV). Cando o INSS descubriu que un dos seus rapaces xa cumprira os 18 anos, esixiulle a devolución do exceso que cobrou en prestacións nos dous últimos exercicios.

A muller tiña recoñecida unha prestación de protección familiar por fillo ao cargo, que trocou desde xuño do 2020, en pandemia, nunha axuda por ingreso mínimo vital porque convivía con dous fillos menores de idade. Un ano despois, o INSS díxolle que que mantiña o seu dereito á prestación con base a unha unidade de convivencia monoparental (ela e os dous menores) e lle computou uns ingresos de 6.190 euros.

No 2022, o INSS recoñeceulle o complemento de axuda para a infancia con efectos económicos desde febreiro. Mais, só dous meses despois, o INSS avisoulle de que algún dos menores que integraban a unidade de convivencia acadara os 18 anos e, polo tanto, non lle ía facer o pagamento do complemento de monoparentalidade. Os cativos percibían unha pensión de orfandade.

Uns meses despois, o INSS abriu un procedemento de revisión e exisiu á nai que lle reintegrase as prestacións indebidas por ter recibido ingresos nos anos 2019 e 2020 e ter un patrimonio superior aos computados inicialmente. O INSS dixo que no 2020 a nai cobrara de máis 3.767 euros e no 2021, outros 5.674. A Seguridade Social anuncioulle á perceptora que ía descontar mensualmente 160 euros durante 60 meses para recuperar os cartos.

O INSS descubriu que dito fogar percibiu 6.458 euros no 2019 (sen ter en conta o IMV) e algo menos no 2020. E, á vez, a demandante percibiu por ingreso mínimo vital 5.878 euros no 2020 e outros 9.747 no 2021.

O muller protestou e o caso rematou nos tribunais. O Xulgado do Social número 6 de Vigo desestimou as pretensións da nai e deulle a razón ao INSS.

A perceptora das prestacións recurreu ao Tribunal Superior e dixo que o xuíz de Vigo non valorara ben as probas. Mais a sala lémbralle que o recoñecemento da prestación pode revisarse de oficio, en perxuizo dos beneficiarios, nun prazo de catro anos e a Administración pode esixir a devolución das prestacións. Son inembargables as retribucións dos haberes inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional, cando os ingresos son inferiores a 1.050 euros e cando a renta para unha familia monoparental de tres membros debería ser de 1.028 euros.