SonDeSeu homenaxea á Escola de Música Tradicional

La Voz

VIGO

ALBERTO LÓPEZ

Dará un concerto o vindeiro xoves, 31 de outubro, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal de Vigo, situado na praza do Rei

28 oct 2024 . Actualizado a las 10:01 h.

A música galega ten na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional a súa principal referencia docente en toda Galicia. E para celebralo, a orquestra folk SonDeSeu dará un concerto o vindeiro xoves, 31 de outubro, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal de Vigo, situado na praza do Rei, xunto a casa do concello.

A homenaxe á Etrad coincide cos seus 28 anos de existencia. A propia orquestra SonDeSeu naceu na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional no ano 2001, e o alumnado desta escola fai as prácticas orquestrais na propia formación.

No concerto do vindeiro xoves, segundo explicou durante o acto de presentación Anxo Pintos, presidente da Fundación SonDeSeu, terá un carácter didáctico. Está pensado para tódalas idades e públicos debido a que foron seleccionadas nove representativos temas tradicionais galegos.

Ao mesmo tempo, os espectadores poderán ver unha peza audiovisual que relata a historia da palabra, do ritmo musical e a súa orixe.