Unha antoloxía dos poemarios de Jacques Prévert en Cartabón

La Voz LA VOZ

VIGO

Cedida

Stella Maris González presenta hoxe a obra na libraría de Urzaiz

11 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Jacques Prévert foi un poeta, guionista, letrista e artista francés. Foi autor de varios poemarios, entre os que destaca Paroles (1946), e é considerado un dos grandes autores do século pasado na literatura francesa. Por iso, Stella Maris González Balbuena decidiu traducir ao autor ao galego e lanzar ao mercado xunto a Medulia Editorial a súa antoloxía esencial. A autora presentará hoxe o libro na libraría Cartabón (rúa Urzaiz, 125) ás 20.00 horas xunto ao académico e escritor Xesús Alonso Montero. Ademais, ao rematar haberá un recital de poesía da man do colectivo Desafiando Sombras e da propia autora, Stella Maris González Balbuena.