
O punto de encontro será a oficina de turismo de Tui
16 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Ao abeiro das actividades programadas polo Concello de Tui para a conmemoración do centenario do falecemento do bispo e poeta tudense Manuel Lago González, terá lugar hoxe domingo un paseo literario por diversos lugares da cidade vinculados á súa figura e traxectoria. Comezará ás 11.30 horas na Oficina Municipal de Turismo no Paseo da Corredoira.
O Seminario Conciliar, o Teatro Principal, as sede da redacción do xornal La Integridad, a Casa do Concello, a catedral de Santa María... son lugares relacionados coa actividade e a obra de Manuel Lago González que serán visitados neste paseo literario ao cumprirse os cen anos do seu falecemento, o 18 de marzo de 1925 cando era arcebispo de Santiago de Compostela.