«Deuses de pedra» no Play-Doc

La Voz

VIGO

Mario Llorca

É  a primeira longametraxe do director ourensán Iván Castiñeiras

10 may 2025 . Actualizado a las 05:05 h.

Hoxe 22.30h. • Teatro Municipal Tui • Entradas enterticket.es • Un documental filmado durante 15 anos na fronteira entre España e Portugal estréase en Galicia durante o Festival Internacional de Cine Play-Doc. Deuses de pedra, a primeira longametraxe do director ourensán Iván Castiñeiras, reflicte o paso de Mariana da infancia á idade adulta nunha comunidade rural situada na fronteira ancestral entre Galicia e Portugal. O documental, que xa pasou por festivais como o IFFR de Rotterdam, o Thessaloniki Documentary Festival, o FICCI de Cartagena de Indias, o Festival Cinematográfico Internacional de Uruguai, o Indielisboa, o Festival Internacional de Cine de Las Palmas ou Documenta Madrid poderá verse hoxe no Festival Internacional de Cine dentro da sección Galicia cunha presentación e coloquio posterior a cargo do director e do produtor Ángel Santos. Programación completa: play-doc.com/programa-por-dias.