
A xornada de hoxe empeza ás 11.00 coa entrada dos carros de bois no torreiro con música de Naiama
11 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe desde 11.00h. • Salvaterra • A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro organiza a XVII edición da Sementeira e Música na Área Recreativa Muíño da Ponte en Corzáns. A xornada de hoxe empeza ás 11.00 coa entrada dos carros de bois no torreiro con música de Naiama. Media hora máis tarde empezan as labores de labranza e sementeira con Lucernas. O encargado de dar lectura ó pregón será o actor galego Luis Zahera ás 13.30 horas. Pola tarde actúan Festicultores (18.30h.), Catuxa Salom (21.30h) despois da elección dos mellores traxes de labregos. Haberá carpas e postos de comida todo o día. Aumenta o aparcamento cun total de catro zonas incluíndo os destinados a persoas con mobilidade reducida.