O Museo Liste falla os seus premios de fotografía e relatos

La Voz VIGO

VIGO

M.MORALEJO

Os galardóns serán entregados o Día das Letras Galegas

14 may 2025 . Actualizado a las 15:58 h.

O Museo Liste ven de fallar os premios conmemorativos do Día das Letras Galegas e do Día Internacional dos Museos, tanto no medio fotográfico como do relato. No que atinxe ao XII Concurso de Fotografía o primeiro premio foi para Iago Manoel Souto Lorenzo por unha imaxe titulada Sons da terra. O segundo premio quedou un mans de Mónica Vila Ferreirós pola súa instantánea titulada Fulión da Veiga. O terceiro premio foi adxudicado a O baile, de Pedro Manuel Gonçalves Marques.

Pola súa banda, os ganadores do XIII Concurso de Relatos, dirixido ao alumnado de educación primaria e secundaria foron, na categoría de 1º e 2º de primaria, foron Érase unha vez alguén que facía, de Lucía Regades Costas (CEIP Josefa Alonso, Matamá-Vigo); na categoría de 3º e 4º de primaria, Xosé o ceramista máxico, de Dante Armada Alonso (CEIP Mestre Martínez Alonso, Mos); e, na categoría de 5º e 6º de primaria, O fabricante de soños, de Valentina Menta Fernández (Colexio As Acacias, Vigo).

No mesmo concurso, pero referido aos cursos de educación secundaria, os ganadores foron, no primeiro tramo da ESO, Verónica, de Martina Muíño Cotón; e no relativo a 3º e 4º da ESO, A decisión do taller de madeira, de María Elena Cosmed Calado (IES Álvaro Cunqueiro, Vigo). 

A entrega de premios terá lugar o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, a partir das 12.30 horas. na sede do Museo Liste - Etnográfico de Vigo (Pastora, 22).