
A festa desenvolveuse onte na praza do Berbés
19 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello volveu teatralizar a tradicional Festa dos Maios cunha representación na que a primavera, encarnada nunha moza, venceu ao inverno. Tivo lugar onte pola tarde na praza do Berbés, aínda que xa dende a mañá houbo actividade lúdica na zona.
Dende hai anos, a veciñanza do barrio histórico de Vigo realiza unha festa dos maios singular. Non queda a cita nunha manifestación floral, senón que chega a ser unha dramatización duns feitos que simbolizan a saída dos rigores invernais e o recibimento das bondades da primavera, aínda que este ano o pulso mantense un pouco más firme que outros anos.
Pola mañá houbo un obradoiro de flores e outro de debuxo para nenos. Xa a partir das cinco da tarde comezou a festa coa actuación de As Perseidas do Berbés e a Banda de Gaitas do Casco Vello. Tras a representación dramatizada dos maios seguiu a festa con as actuación das formacións musicais Millaxeira e Os Carunchos.