
As xornadas se desenvolverán hoxe e mañá
12 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Pensamento visual e fotografía é o título das xornadas coa que a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega afonda no estado da fotografía contemporánea. Terán lugar no Marco hoxe e mañá a partir das 11.00 horas.
Manuel Vilariño e Rosendo Cid coordinan esta sesión na que participarán investigadores, escritores e figuras representativas da fotografía e das artes visuais, como Mar Caldas, Paco Gómez, Rebecca Mutell ou Andrea Costas, entre outros. A presidenta do
CCG, Rosario Álvarez, e o director do Marco, Miguel Fernández Cid abrirán hoxe as xornadas. Seguirá Fernando Castro Flórez, profesor de Estética e Teoría das Artes da Universidad Autónoma de Madrid, que abordará a cuestión da verdade revelada na imaxe. Pola tarde estará os fotógrafos Paco Gómez e de Manuel Vilariño, galardoado co Premio Nacional de Fotografía no ano 2007.