O campo do Coruxo énchese de cor con grupos de Macedonia, Guadalupe e Gran Canaria
VIGO

O Festival Folclórico Internacional creado en 1990 polo Grupo Etnográfico A Buxaina acolleu onte a grupos de Macedonia, Guadalupe, Gran Canaria e aos anfitrións de Vigo
29 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.No campo do Coruxo onte houbo goleada de ritmos. O Folclórico Internacional de Coruxo, popularmente coñecido como FIC, é un festival creado en 1990 polo Grupo Etnográfico A Buxaina. Onte tivo lugar o certame que tamén ten tradicionalmente como escenario o campo de fútbol do Coruxo F.C. en O Vao. O FIC é un festival pioneiro en Galicia que leva 35 anos demostrando que hai público. «Mostra disto son as elevadas cifras de asistencia nas edicións desta última década que teñen como media os 2.000 espectadores», destacan desde a organización. O recinto encheuse de público para disfrutar do espectáculo dos grupos chegados dende Guadalupe (Viard Nouvelle), Macedonia (Ensemble Nikola Vapcarov), Gran Canaria (Agrupación Folclórica Farallón de Tábata) e, o grupo anfitrión, Galicia, co Etnográfico A Buxaina de Coruxo. Trátase dun acto anual que A Buxaina organiza en colaboración co Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (C.R.A.C.C.) e que ten como obxectivo principal dar a coñecer as expresións culturais doutros recunchos do mapa. Esta diversidade contribúe a fortalecer a cohesión social por medio das músicas, bailes e traxes típicos dos países que pisan o escenario. A Buxaina tamén organiza xunto ao centro cultural de Coruxo o Homenaxe ao Gaiteriro, un acto musical que ten como obxectivo recoñecer a labor das persoas que contribúen á difusión desde instrumento.