Cangas viaxa a 1617 coa Festa dos Invasores e María Soliña

La Voz

CANGAS

M.MORALEJO

Ás 20.00 horas comezará a representación de A defensa da Vila. Maria Soliña, con textos de Xosé Manuel Pazos e o poema de Celso Emilio Ferreiro

29 sep 2024 . Actualizado a las 05:10 h.

«Cangas 1617: A Defensa da Vila» é a festa coa que a vila recrea os feitos máis dramáticos que coñeceu ao longo da súa historia. Un 4 de decembro, os habitantes da ría de Vigo vían espantados como once navíos corsarios turcoberberiscos fondeaban nas Illas Cíes. Os seus propósitos non podían ser máis sanguinolentos: causar a maior desfeita posible nas posesións da Coroa española e practicar a rapiña e a pillaxe.

Despois de dúas xornadas de festa e cultura, a chamada Feira dos Invasores celebra hoxe o seu acto central, a representación teatral A Defensa da Vila. María Soliña. Pero hai actividades todo o día. Ás 10.30 horas, unha ruta guiada con A illa dos Ratos (inscrición previa via Whatsapp no 611080853). Ás 11.00, ruada de Lume de Karoso; ás 16.30, ruada e concerto do Grupo de Danzas Pais de San Roque; ás 18.30 horas, actuación infantil dos Monifates na contorna da praza de abastos; e as 19.30, ambientación de Cangas no 1617 na Feira dos Invasores.

Ás 20.00 horas comezará a representación de A defensa da Vila. Maria Soliña, con textos de Xosé Manuel Pazos e o poema de Celso Emilio Ferreiro