O Ecopreguntoiro encara a súa fase final sen representantes das provincias de A Coruña e Lugo
VIGO CIUDAD
O próximo venres comezarán as eliminatorias de semifinais no Ecopreguntoiro , o concurso de Ecovoz que se emite nas tardes dos venres. Despois da eliminación do Melide I na xornada de onte, a provincia de A Coruña tamén se queda sen representación na fase decisiva do concurso. A primeira semifinal estará protagonizada polos alumnos do CEIP Irmáns Villar, da cidade das Burgas, e os pontevedreses do CEIP Refoxos (Oia). Unha semana despois, o 14 de maio, mediranse os rapaces do CEIP Barreiro (Vigo) e os ourensáns do CEIP Castrelo do Val. A tónica xeral do concurso nesta edición foi, sen dúbida, a igualdade. De feito, os campións do ano pasado, os carballeses do colexio Fogar, xa caeron en primeira rolda fronte aos hoxe semifinalistas, os alumnos do Irmáns Villar de Ourense. O alto nivel dos participantes continuará presente nesta fase decisiva, na que os alumnos volverán a demostrar a súa sabedoría en materias relacionadas co coñecemento do medio e a xestión de residuos.