El clima también se juega en Vigo

Antón lois AMIGOS DA TERRA VIGO@TIERRA.ORG

VIGO CIUDAD

M.MORALEJO

Los grupos ecologistas envían una carta al alcalde en la que le solicitan, entre otras cuestiones, la creación de un plan municipal sobre la

03 dic 2023 . Actualizado a las 19:25 h.

El artículo de hoy nos lo dan hecho. Este es el texto de la carta al alcalde de Vigo que las organizaciones ecologistas presentamos el pasado miércoles.

«Señor alcalde: Ás portas do inicio da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático COP28, cinco organizacións ecoloxistas e sociais con ámbito de traballo en Vigo dirixímonos a vostede para solicitarlle que o Concello de Vigo sume esforzos para frear a crise climática.

 

Mentres os gobernos do mundo se reúnen na antedita conferencia cómpre lembrar que a loita contra o cambio climático non nos é allea, pois esixe que todas as escalas das administracións públicas traballen, en colaboración coa cidadanía, para facer a súa parte. A crise climática é tamén unha crise de dereitos humanos que afecta aos dereitos á vida, saúde, vivenda e auga. É unha loita de todas na que nos xogamos a sustentabilidade da vida tal e como a coñecemos porque, como destaca o sexto informe do IPCC de marzo de 2023, o quecemento global está camiño de superar o límite de 1,5 ?centígrados se non se aplican reducións drásticas e inmediatas das emisións de gases de invernadoiro. Isto debe acelerar o abandono urxente dos combustibles fósiles mediante unha transición xusta e rápida que protexa a natureza, os dereitos humanos e o pago dos danos ás persoas máis vulnerables.

 

 

Emporiso, tamén resulta fundamental que o goberno de Vigo, a maior urbe de Galicia, sexa consciente de que as cidades son axentes de vital importancia para acadar unha saída ao deterioro socioambiental do planeta. A tripla crise que vivimos, climática, de biodiversidade e de desigualdade social, non se pode resolver sen a participación das cidades que xa albergan a maioría da poboación mundial e son responsábeis directa ou indirectamente da meirande parte das emisións. Nelas pódense tomar decisións fundamentais para mitigar os seus peores efectos, tanto no eido ambiental coma social.

 

Estes días ?e todos os días? o clima tamén se xoga en Vigo. Por iso instámoslle a: Poñer en marcha un proceso participativo para a elaboración dun Plan de Acción Municipal sobre a Crise Climática con obxectivos específicos anuais e mecanismos de revisión e cumprimento, aliñado coas recomendacións científicas para limitar o quecemento global por debaixo de 1,5ºC e centrado, entre outras cuestións, nunha transición enerxética rápida e xusta, unha mobilidade sostible e a conservación e restauración da natureza.

 

Tamén abrir unha canle de diálogo permanente coas organizacións asinantes desta carta para procurar vías de entendemento e colaboración nesta cuestión clave, co obxectivo de crear unha Asemblea Cidadá polo Clima en Vigo.

 

Aínda existen opcións para asegurar un futuro habitable e sostible, pero logralo é cada vez máis difícil, porque a xanela de oportunidade está a pecharse rapidamente. Para iso, necesítanse cambios rápidos e ambiciosos en todos os sectores e a todas as escalas. O que fagamos de aquí a 2030 notarase agora e durante milleiros de anos, polo que cómpre tomar medidas urxentes para acadar como mínimo unha redución das emisións de efecto invernadoiro nun 65% en 2030 con respecto aos niveis de 1990 e a neutralidade de emisións antes de 2040. Neste sentido, e como achega ao proceso de elaboración do Plan municipal antes mencionado, queremos facer fincapé nas propostas recollidas no noso decálogo de medidas para converter Vigo nunha cidade sustentable e resiliente. Quedamos ao seu dispor para manter unha xuntanza para tratar estas propostas.

 

 

Amigas da Terra, Amnistía Internacional, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Verdegaia».