TEMA Concha Blanco

Últimos artículos publicados

26 ago 2002

«Las personas mayores no somos ropa vieja»

La fundación Barrié de la Maza concede ayudas a iniciativas sociales Mejorar la calidad de vida de los ancianos es el principal objetivo de las subvenciones

Rebeca Barreiro

20 jun 2002

Concha Blanco publica un novo libro

A escritora de Cee xa ten máis de 30 obras editadas e acadou numerosos premios Concha Blanco é a escritora máis prolífica da Costa da Morte nos últimos anos. Pero o seu non é só a cantidade, senón tamén a calidade, como o atestigan os numerosos premios acadados en toda Galicia, sobre todo polos seus traballos destinados ó público infantil e xuvenil. O seus lectores teñen agora unha nova oportunidade de atoparse co seu inxenio gracias á nova creación: «Estela, a domadora de rás», que acaba de publicar, xusto a semana pasada, a editorial Ir Indo.

20 may 2002

A oferta cultural espállase despois dunha fin de semana de importantes celebracións

Carballo concentra a maior parte das actividades programadas para os próximos días Despois dunha fin de semana moi movida no ámbito cultural, a oferta de actividades directamente relacionada co Día das Letras Galegas diminúe en intensidade, aínda que non en calidade. Carballo colle o timón cunha programación na que figuran encontros con autores, concertos musicais, teatro e unha interesante exposición sobre Castelao. Atrás queda xa a Festa das Letras de O Couto, que rematou cunha homenaxe á escritora Concha Blanco -a quen o tamén autor Pepe Carballude definiu na súa semblanza como «unha traballadora incansable a prol do idioma de Galicia»- e unha variada Feira da Artesanía.

C. A. M.

19 may 2002

Clausura de la Festa das Letras en O Couto

La Semana de la Festa das Letras de O Couto, en Ponteceso, que se ha convertido en un referente en la cultura gallega, se clausuró ayer con un excelente nivel de participación de público y de exhibiciones.

18 may 2002

Unha homenaxe ós cesteiros inaugura a tradicional Feira da Artesanía de O Couto

A asociación Monte Branco adica á escritora Concha Blanco o día grande da súa Festa das Letras As previsións meteorolóxicas non son malas de todo, pero, aínda que chova sete choveres, a asociación cultural Monte Branco ten a experiencia suficiente como para que o público nin sequera se entere. Na Casa dos Veciños de O Couto (Ponteceso) está todo preparado para celebrar o día grande da Festa das Letras, cun protagonismo especial para a escritora ceense Concha Blanco. Paralelamente, hoxe ábrese a decimonovena edición da Feira da Artesanía, que reúne a máis de trinta expositores chegados desde diferentes rincóns da comarca e doutros puntos de Galicia e que este ano se convirte nunha homenaxe ós cesteiros de toda a vida.

C. ABELLEIRA

14 may 2002

Os colexios apostan polos autores da zona para organizar encontros con escolares

Tódolos días se levan a cabo varias proxeccións da película «O bosque animado» Os autores da Costa da Morte, sobre todo os de literatura infantil, teñen estes días as súas axendas moi apretadas. É raro o colexio, ou a biblioteca ou a asociación que non organiza encontros entre escritores e escolares coa finalidade de fomentar nos máis pequenos o gusto polas letras. Se houbera que facer unha clasificación, nos primeiros postos estarían Mercedes Queixas e Luis Giadás, autores ámbolos dous de publicacións sobre Frei Martín Sarmiento, aínda que Concha Blanco, Xan Fernández Carrera, Xan Fraga ou Xelucho Abella tampouco se quedan atrás. Outra das estrelas da programación é a película «O bosque animado».

C. A. M.

14 may 2002

A entidade Monte Branco inaugura a festa na compaña de varios autores da bisbarra

A pregoeira, María Canosa, afirmou que «a palabra bate con forza» no Couto A palabra bate con forza no Couto. Así o dixo o domingo a pregoeira da festa das letras galegas, a novelista Monte Branco, María Canosa, quen tamén amosou a súa faceta de poetisa. Nun acto pleno de versos, a asociación pontecesá inaugurou os actos da máis grande festa que celebra a parroquia tódolos anos. A troula cultural non parará ata o vindeiro domingo. O comezo non podía ser mellor, co salón de actos da casa dos veciños enfeitizado polos libros, as poesías de nenos e adultos e os cantos do coro. Os autores da Costa da Morte foron presentando un a un os seus textos. No Couto encedeuse de novo unha chama que estará acesa moito tempo.

REDACCIÓN

11 may 2002

A asociación cultural Monte Branco leva vinte anos creando canteira arredor da súa Festa das Letras

O pregón da escritora María Canosa abre na aldea do Couto unha semana de actividades con protagonistas da Costa da Morte De domingo a domingo celebra a asociación Monte Branco a súa Festa das Letras, convertida, despois de vinte anos, na maior expresión e no mellor escaparate da cultura que se fai en Bergantiños e no resto da Costa da Morte. Dentro e fóra da Casa dos Veciños do Couto (Ponteceso) non só se foi creando un fogar para a literatura, a artesanía, a música ou o medio ambiente, senón que se foi creando, sobre todo, unha canteira capaz de seguir os pasos dos pioneiros. Este ano máis ca nunca serán os novos os que terán a última palabra, dende a pregoeira, a escritora ceense María Canosa, ata os grupos musicais da propia asociación.

C. A. M.

07 may 2002

A asociación Monte Branco consolida un xeito propio de celebrar o Día das Letras

O monte Branco non foi soamente fonte de inspiración para o bardo Pondal. Tamén o foi para un grupo de veciños da aldea do Couto (Ponteceso) que hai 20 anos decidiron darlle forma ó seu compromiso coa cultura galega. Arredor do 17 de maio xurdiu un dos movementos máis intensos de cantos se desenvolven na Comunidade, lonxe dos grandes actos académicos, pero moi preto das letras e das artes, dos autores e dos artesáns que traballan na comarca de Bergantiños e que serán protagonistas do 12 ó 19 deste mes.

REDACCIÓN

13 abr 2002

La asociación Monte Branco homenajea a Concha Blanco en el Día das Letras Galegas

Como novedad, este año se hará un «parón» a la colocación de placas y se diversificarán las actividades Con su pregón, la escritora María Canosa abrirá el 12 de mayo la Festa das Letras que, como cada año, organiza la asociación cultural Monte Branco de O Couto, en Ponteceso. El programa destaca en esta edición por su variedad y por el intento de la directiva de la agrupación de innovar sus contenidos. Este año, por ejemplo, no se descubrirán placas, pero se apostará más decididamente por el encuentro de los autores con los escolares. Además, no sólo dedican el día a Frei Martín Sarmiento, también a la escritora ceense Concha Blanco. Tampoco faltarán las exposiciones de artesanía, libros, música, obradoiros e itinerarios.

REDACCIÓN