TEMA Francisco Fernández del Riego

Últimos artículos publicados

28 may 2002

«Nimbos», o único poemario de Díaz Castro

O perfeccionismo do escritor de Guitiriz limitou a extensión da súa obra literaria Xosé María Díaz Castro é un deses autores que só dou ó prelo un libro, « Nimbos» . Pero rastrexando na súa traxectoria descubrimos as razóns, o afán perfeccionista arredouno da publicación doutras obras que dou por «perdidas», e, por outra banda, só quixo ser escritor no seu idioma. Lecturas cualificadas

ALFONSO BLANCO TORRADO

19 may 2002

A Biblioteca Penzol atesoura dous documentos autógrafos de Sarmiento

Os manuscritos, unha carta e un tratado, son os únicos orixinais que se conservan en Vigo O Museo-Biblioteca da Fundación Penzol, constituído cas propiedades artísticas e bibliográficas doadas á cidade de Vigo polo ex-presidente da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, posúe uns fondos de enorme valor histórico. Entre eles, atópanse os dous únicos documentos autógrafos do pai Sarmiento que se conservan en Vigo. Aínda que o altruista intelectual coñecía a súa existencia, hai uns días os funcionarios da entidade deron cos manuscritos de xeito casual buscando outra cousa.

B.R. SOTELINO

17 may 2002

A celebración do Día das Letras Galegas cumpriu onte a edición número corenta

Tres académicos reivindicaron a data no centenario da edición do libro «Cantares gallegos» Corenta edicións cumpriu onte o Día das Letras Galegas. Botando unha ollada o que pasou onte no país galego, e fóra del, parece que non mudou moito a celebración da xornada. Polo menos segundo conta no artigo desta páxina un dos membros da Real Academia Galega que pediu a celebración desta xornada, Francisco Fernández del Riego. Xunto con el asinaron o escrito dirixido a Academia Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo. O nacemento desta data está asociado o libro de Rosalía «Cantares gallegos»

RODRI GARCÍA

17 may 2002

José López Calo recibe o Premio das Artes e das Letras en nome de Galicia

O musicólogo é a oitava personalidade á que se lle outorga a distinción O musicólogo José López Calo foi distinguido co Premio das Artes e das Letras de Galicia na súa oitava edición. O galardón, entregado polo presidente do goberno galego nun concorrido acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos, foi recibido polo padre Calo «como un premio que se lle da á música de Galicia, e máis que polo que fixen, polo que queda por facer». A dotación deste premio anual, concedido pola Xunta ó labor nalgún eido cultural de toda unha vida, neste caso a difusión da música, é de 36.000 euros.

CONCHA PINO

23 abr 2002

Galicia premia a entrega de Del Riego

O académico e intelectual galeguista recibiu a Medalla de Ouro por toda unha vida dedicada á cultura e á lingua galega Francisco Fernández del Riego recibiu a Medalla de Ouro de Galicia con «profunda satisfacción e agradecemento». E coa xenerosa entrega á causa de Galicia na que leva 84 anos, porque se definiu «coma un apéndice da liña de conducta» dos homes do Seminario de Estudios Galegos, dos da Xeración Nós e dos que, «logo do gran silencio», crearon Galaxia.

REDACCIÓN

05 abr 2002

Toda la sociedad gallega se dio cita en la ciudad universitaria

Cientos de representantes de la política, la cultura, la economía y las instituciones abarrotaron Económicas El salón de actos de la Facultad de Económicas se convirtió ayer en el punto neurálgico de la sociedad gallega. Innumerables personalidades del mundo de la universidad, la política, la cultura, la economía y las instituciones se dieron cita en el solemne acto académico organizado con motivo del nombramiento de Fernandez Gayoso como doctor honoris causa.

REDACCIÓN

09 mar 2002

Francisco Fernández del Riego recibe o agradecemento da intelectualidade galega

Unha ampla representación da cultura de Galicia congregouse en Vigo nunha homenaxe ó ex-presidente da Real Academia Unha ampla representación do mundo da cultura galega coincidiu onte no Centro Cultural Caixanova de Vigo co gallo de entonar un himno á vida e obra de Francisco Fernández del Riego, «don Paco». O acto convocouno a Fundación Premios da Crítica coma homenaxe ós setenta e un anos que Fernández del Riego leva adicados á defensa da cultura e a identidade galega. Coincide este aplauso colectivo co recente abandono voluntario de don Paco da Real Academia Galega, que viña presidindo dende o ano 1997. Os diferentes oradores recoñeceron a Francisco Fernández del Riego como «o patriarca das letras galegas».

JORGE LAMAS

09 mar 2002

El Concello vigués homenajeará a Carlos Casares y pondrá su nombre a una calle

El alcalde de Nigrán decretó tres días de luto en honor del presidente del Consello da Cultura y Gondomar prepara actos en su nombre Ayer fue un día largo. El fallecimiento de Casares conmovió a la sociedad gallega y, en especial, a la viguesa, donde el ilustre escritor pasó buena parte de su vida, entre la ciudad olívica y el Val Miñor. El alcalde vigués, Lois Castrillo, propondrá al pleno municipal la celebración de un homenaje público. El concejal de Cultura, Carlos Príncipe, propondrá bautizar una calle con su nombre. Y en su municipio de residencia, Nigrán, el regidor, José Manuel Rial, decretó ayer tres días de luto oficial.

REDACCIÓN

09 mar 2002

A homenaxe a Don Paco foi un inesperado adeus a Carlos

JORGE LAMAS / EN DIRECTO ONTE, tódalas persoas que estiveron presentes na homenaxe a Fernández del Riego, meditaban sobre a insoportable fraxilidade da existencia humana nos aledaños do tanatorio de Vigo. Ninguén podía dar creto ó inesperado xiro dos acontecementos. Só unhas horas antes, Carlos Casares era un invitado máis no acto de agradecemento á traxectoria de don Paco . Onte xa era unha persoa da que todos falaban empregando con emoción os tempos pasados nos verbos.