12 jun 2000
O Museo do Pobo Galego aborda as claves da paisaxe como feito diferencial
O encontro, coordenado por Augusto Pérez Alberti, celébrase do 26 ó 29 deste mes Indagar nas razóns de por que unha paisaxe é algo máis do que se percibe a simple vista, coñecer a súa historia e comprender a súa esencia é o obxectivo do encontro sobre As paisaxes de Galicia: claves para a súa interpretación, que se vai celebrar no Museo do Pobo Galego entre os días 26 e 29 deste mes, no marco dos debates organizados por este centro cultural arredor de O feito diferencial galego.
REDACCIÓN