A comisión de goberno declarou onte diante da Fiscalía As obras do parador de San Vicente convértense nunha nova fonte de problemas para o Concello de Monforte, sumándose á cuestión da taxa dos recibos da auga e ás auditorías internas levadas a cabo pola interventora municipal. Os supostos danos causados ó patrimonio por estas obras, que xa despertaron a atención da Academia de San Fernando, son investigados agora pola Fiscalía provincial.
F. A.