15 dic 2001
Os literatos piden o apoio da administración e os medios galegos
Escritores reunidos nun congreso en Vigo cren que se priman máis os libros en castelán Escritores galegos, autoridades culturais e medios de comunicación teñen que establecer un diálogo a tres bandas para contrarrestar a enorme vantaxa que ten a literatura castelá respecto a galega. Esta foi unha das conclusións máis relevantes do cuarto Congreso de Escritores Galegos, que hoxe remata no Centro Cultural Caixanova de Vigo.
M. G.