Mauro Leivas, persoa pouco dada a actos sociais, aceptou ser pregoeiro porque cre que lle valoran o traballo e a veciñanza
30 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.Di un artigo publicado sobre él que a obra pictórica de Mauro Leivas, nacido en Mondoñedo no ano 1955 no seo dunha familia liberal, non pode separarse da sua personalidade e biografía xa que ambas responden a unha mesma actitude vital, a liberdade sen concesións. En Mondoñedo, sempre adicado á pintura e absolutamente literario (hoxendía di que é un pesoeiro como de Morte en Venecia) estudou co escultor e profesor do Instituto Juan Puchades e cultivou a mistade de Caxigueiro e Artiaga, tamén mindonienses e artistas. Hoxe, despois de pasar por Madrid, Ginebra, Francia Suiza, Grecia e de pasar por etapas creativas diferentes, vive e traballa de novo en Mondoñedo e, cousa sorprendente, pregona As Quendas. Das últimas exposicións que fixo destaca a da Expozaragoza 2008; a de Percorridos, en Mondoñedo, nese mesmo ano; o proxecto Abertal, no Museo Provincial de Lugo tamñen no 2008; Mariñarte en Ribadeo, nos últimos tres años ou a que comparteu con seus colegas mindonienses en Sargadelos, Fluxo e refluxo.
-¿Como é que se meteu a esto de ser pregoeiro
-Fai días que este grupo de personas do goberno está intentando decirme que en realidade me aprecian e me valoran e me queren ben; perdirme que fora pregoeiro é unha carantoña, un mimo por parte da cidadanía. Me dicen que me teño que deixar querer, que formo parte da comunidade, e esa sensación de que valoran o traballo e a veciñanza foi o que me decideu.
-Vexoi ben
-De espíritu estou coma semprem eu creo que mellorei cos anos, estou menos enloquecido e vexo as cousas con máis obxectividade, pero sin apodrecer.
-Por outra parte, vostede e Mondoñedo...Paréceme axeitado que dea o pregón
-No pregón a idea é reivindicar esa resistencia que eu faigo vivindo aquí; é fácil ser in en Berlín ou Nova Yor, pero hai que selo en Ferreira, en Viveiro ou en Burela (...)É o que decía Castelao de que hai que ser dun tempo e dun lugar. Aquí vívese ben, hai unha calidade de vida excepcional, paseo polos prados, pinto á beira do río...Teño amigos da aventura americana que pasaron tres anos en Noya York de auténtico horror, ese tipo de vida, esa competitividade. En Berlín O Concello ten estudios onde por pouco diñeiro tes un taller de vértigo, están protexidos; en Santiago, Vigo ou Ourense é dificilísimo pero en Mondoñedo teño un taller espectacular, nos Muiños.
-¿Non é un problema sair fóra para vostede dende aquí, estar en contacto co exterior?
-Chego antes dende Santiago a Amsterdan que dende Mondoñedo a Santiago. Está ben sair porque hai que ver exposicións e eu saio con amigos de Valladolid ou de Madrid a ver cousas, ou quedo cos de aquí, con Guerreiro que me dice vamos con Lomarti a tal sitio, ou con Caxigueiro ou Artiaga. Sempre mantiven relacións co exterior, pero esta obsesión por o arte, por a idea do éxito ou do fracaso...A vida vai poñendo as cousas no seu sitio. Me interesa máis o artista ainda que é unha palabra que me molesta, porque aquí xa son artistas dende os toreros ata Lola Flores. Ás veces son algo huraño e rechazo invitacións de galerías e festas; me aburro.
-¿Qué fai agora mesmo
-Traballar, escribir... Estou con una especie de experimento, entre novela gráfica e ensaio. Con esto da mudanza _están en obras na casa dos Muiños_ me levei un caderniño de viaxe, unhas acuarelas e unhos pinceis e estou traballando. Saco imaxes da prensa diaria que me impactan e pásoas, calcoas, ou as dibuxo ó bestia, coloreo, é un experimento interesante. (Dime que envía fotos e o pregón por Internet)
-¡Qué fariamos sin Internet! Impensable hai vinte anos.
-A nivel información podes estar enterado de todo. Agora entrei e mirei unhas cousas de animación que me mandou Chus Ruiz, mandoume o último ultimísimo ; tiñamos un equipo, A nimadzie computerova , que nos adicabamos a facer instalacións por A Mariña e aínda seguimos traballando, agora en Percorridos ainda fixemos unha animación xuntos; para estar ó día non é necesario estar na cidade; estou en contacto con xente que vive en Londres e fan o mesmo que eu faigo en Mondoñedo.