Manuel Manquiña (Vigo, 1953) ofrecerá un dos seus monólogos este sábado, en Xove.
-Xa ten experiencia no campo dos monólogos.
-Fun da primeira tanda de el Club de la Comedia e tiña feito monólogos antes. Gústame... ver a xente, un teatro cheo. É o mellor premio. Sabemos que en Xove, pola experiencia do ano pasado, é marabilloso, o cartel é bo, está Luis Zahera ou David Amor, que son fenómenos televisivos, e son importantes. Teñen un bo organizador, Roberto Vilar que lle ten moito cariño ao pobo, leva un cartel de primeira. Galicia é unha boa terra dando personaxes de humor e ese cartel está engrandecido coa presenza de Elliot, trouxérao eu a un programa da tele Máxima audiencia. Ten un humor visible, moderno.
-Un gran festival para un pobo pequeno...
-Foi o empeño de Roberto. Os bos espectáculos non teñen que estar só na cidade. Antes entendíamos por esta Madrid, Londres, Nova Iorque... pero se podes a ir a Vigo mellor, ou estar no teu pobo mellor.
-¿En que anda agora?
-Estou cos monólogos, temos Lobos de Arga a punto de estrear e na tele un espazo de humor Era visto.