«Estes foron para Cervo catro anos perdidos e de retroceso»

María Cuadrado Fernández
maría cuadrado CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

Méndez anuncia o desmantelamento da Policía Local e aboga por crear emprego e por frenar a perda de servizos

19 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A candidata do PSOE á alcaldía de Cervo, a enxeñeira técnica agrícola, Lara Méndez, fai un balance negativo dos últimos anos de goberno municipal. ?Son catro anos perdidos e de retroceso. Quedámonos estancados e tamén estamos a perder servizos?.

-¿Que servizos van perder?

-Con total seguridade podemos dicir que perderemos o servizo da Policía municipal. Si o perdemos, despois non o imos poder recuperar. Ata hai pouco tiñamos cinco axentes e agora hai dous.

-¿E algún máis?

-A nivel xeral estamos perdendo comercio, hostelería, poboación, infraestruturas...

-¿Cales son os proxectos que o PSOE considera prioritarios para frear esta situación?

-Facer o concello de Cervo atractivo para a implantación de empresas, crear emprego estable e fixar poboación. Iso pasa por levar a cabo un PXOM, o acceso das comunicacións do polígono coa nacional, por ofertar solo en boas condicións... Hai que ofertar vivendas públicas de aluguer para evitar que os nosos mozos se vaian a concellos limítrofes e ampliar os núcleos rurais para que a xente que posee propiedades poda edificar. Tamén hai que potenciar o polígono e impulsar o cinto industrial de Alcoa, crear más servizos e potenciar as instalacións deportivas. Ademais, o centro de día non estará ata dentro de 5 ou 6 anos, polo menos.

-¿Alguén lles aclarou como será a xestión da residencia e o centro de día de San Cibrao, pública ou privada?

-Non.

-¿Como compatibilizou nestes catro anos a tarefa municipal coa de vicepresidenta segunda da Deputación?

-Sin vida persoal. Creo que esa é a resposta.

-¿Defende a pervivencia da Deputación?

-Hai que reorientala e marcar as políticas. A Deputación ten que servir para captar fondos europeos aos que os concellos por si sós non poden chegar, é necesaria para poñer en marcha proxectos como o Innova-TE, o Pacto Provincial polo Emprego e unha axencia de enerxía. É necesaria para mancomunar servizos, como o de bombeiros.

Lara méndez lópez candidata do psoe en cervo

A favor

En contra

A favor

A favor

A favor

En contra

Habería que regulalas

En contra

A favor

A favor porque xa está regulada

Todo tipo de pasta

Nada crú

Non son de viños

Coca Cola

Calquera marisco e a lubina

Un Peugeot 307

Cola Cao

Na casa

Calquera de Cervo

José Luis Sampedro, Pablo Núñez

«La sonrisa etrusca»

«Doctor Zhivago»

Sabina

Non teño preferencias

Non teño preferencias

Sabina

De cantautores

Series

A miña lúa de mel, a Bali e a Bangkok