«A sorte é que As San Lucas son en outubro e todo é máis barato»

a.f.c. MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

Cun presuposto de 60.000 euros, Mondoñedo vivirá seis días de festa

14 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

isabel piñeiro presidenta da comisión de festas de as san lucas

A comisión de festas de As San Lucas está integrada por 18 persoas, incluindo «aos colaboradores puntuais que axudan en cousas concretas», explica a presidenta. Isabel Piñeiro confía no bo tempo que, di, tamén contrataron, xunto coas orquestras e o resto de actividades.

-¿Como van os preparativos de As San Lucas?

-Xa está practicamente todo listo, hoxe (por onte) temos unha reunión para distribuir as tarefas e, salvo que xurda un imprevisto, temos todo preparado.

-¿Que aspecto entraña maior dificultade á hora de organizar estas feiras e festas?

-O máis difícil é conxugalo todo para que non coincidan unhas cousas con outras e que sempre haxa alguén da comisión dispoñible, en cada actividade. Pero para nós, o máis complicado é a recaudación, pedir casa por casa, explicándolles amablemente todo o que se fai. E despois o traballo máis engorroso é cobrar aos postos aqueles días, aínda que nos anos que levamos nunca tivemos ningún enfrentamento e ninguén se foi sen pagarnos. Aínda así, tes que estar vixiando todos os días.

-A idea é que haxa alguén da comisión en cada actividade...

-Si, ten que haber alguén pendente en todas as actividades, porque se necesitan cousas, abrir o auditorio, colocar as sillas para unha actuación... Organizámolo en función da dispoñibilidade de cada un.

-¿Canta xente conseguiron xuntar ao final?

-Ao final xuntáronse bastantes. Partimos dos catro ou cinco que estamos de toda a vida e despois sumouse a asociación de comerciantes e particulares. Entre iso e os colaboradores para cousas puntuais, somos uns 18. Permíteche repartir ben o traballo e non andar afogados.

-Este ano habilitaron un aparcamento especial para os camións que transportan o gando.

-Todos os anos tiñamos o problema da falta de espacio, os camións aparcaban alí, na feira, e nin sequera se podía andar cun carrito dun bebé polas aceras, porque estaban alí estacionados. O único campo que había cerca é propiedade do Obispado e este conseguimos que nolo prestaran. O recinto vai quedar practicamente só para os cabalos.

-¿Cantas pulperías veñen e cando empezan a servir?

-Na Alameda hai cinco e outras tres na avenida das San Lucas, en locais que lles alquilan a particulares. Mañá (por hoxe) a mediodía xa vai haber polbo.

-¿Esperan moitos «manteiros»?

-Non temos moito problema con eles porque as rúas están tan cheas que case non teñen onde meterse. O problema é que lles quitan vendas aos que si pagan polos seus postos, que se queixan. Polo demais non hai problema, se os botas dun lado xa logo buscan outro sitio e así van pasando os días.

-¿Que presuposto teñen este año As San Lucas?

-En torno a 60.000 euros.

-Parece difícil de crer coa cantidade de actividades que hai.

-Pois non gastamos máis. Outubro non é tan forte para as orquestras nin para o resto de actividades. A Panorama, en agosto, non a poderíamos traer. Outubro nótase en todo e hai actividades que organizan colectivos e axudas da Deputación e outras entidades. Moita xente dinos ?¿como facedes??. Temos a sorte de que As Quendas son en maio e As San Lucas en outubro.