«Hai que intentar por tódolos medios que se manteñan esas empresas»

Inmaculada Eiroá González
i. eiroá MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

A escritora lamenta as novas sobre Ecar e Muebles Hermida

27 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Marina Mayoral está estes días na Mariña, onde falou onte de Cunqueiro (en Foz) e pasou por Mondoñedo, súa cidade natal.

-¿Gústalle vir a Mondoñedo?

-Gústame Mondoñedo. É un sitio precioso, pero moi melancólico, cando sol é marabilloso, pero cando baixa a brétema fai falta botarlle valor. Pero para min está cheo de lembranzas e un sitio onde miña nai viviu e morreu e onde meu pai por amor veu tamén aquí. Era un castelán vello que non se entendía nada ben cos galegos. Para el as cousas eran ou si ou non e custáballe entender a maneira de expresarnos dos galegos. A miña vida familiar está moi vinculada a esta cidade a aquí teño aínda a unha amiga de infancia e xente coa que me entendo ven a que quero. É unha cousa sentimental, sobre todo.

-¿Sabe que van pechar Ecar?

-Si, iso é terrible. Estábanmo contando, tamén Hermida... Non sei de que vai vivir a xente aquí. Había que fomentar o aspecto cultural, monumental, turístico... Converter a Mondoñedo nun sitio turístico, pero ten en conta o clima.

-É arriscado centrarse solo no turismo ou na cultura.

-Iso está sen explotar ou está minimamente explotado. E un camiño que non se debe pechar. Hai moita xente que fuxe do sol. E do outro hai que intentar por tódolos medios ver como se pode axudar a que se manteña esas empresas... Son cuestións económicas que a min se me escapan, pero lamento profundamente o que está pasando.

-¿Como ve Mondoñedo co paso do tempo?

-A peor, non. Dinme que están moitas casas pechadas, que non hai xente... Iso non se ve. Eu vexo unha cidade que está limpa, que amañaron moitas cousas que estaban mal. É bonita, urbanisticamente mellorou en moitos aspectos e as casas están máis coidadas, pero están valeiras. iso é tremendo, pero iso cando ves de paso, non o notas. Vexo unha cidade que está mellor que cando era nova.

-¿Que proxectos ten?

-Coma sempre, estou escribindo. É a miña vocación; teño unha novela moi adiantada. E as miñas colaboracións coa Voz de Galicia, que me fan sentir moi unida a Galicia, por iso me sinto na La Voz de Galicia coma na miña casa.

-Recollo a proposta e recomendo «Deseos». ¿Funciona?

- Saíu en abril, na primavera e funciona, á xente gústalle... Alfaguara ten unha páxina onde a xente pode deixar comentarios e son a novelista que ten máis comentarios a unha novela de todo Alfaguara; centos de persoas que os deixan; normalmente felicítanme, pero tamén coméntanme o libro e iso emocióname, porque é tomarse a molestia de entrar nunha páxina, de escribir, de dicir, a iso a min iso gústame, ese contacto co lector.

marina mayoral escritora