![](https://img.lavdg.com/sc/6QYlvmXkiZL6eeKnZLCTO-YC6O8=/480x/2014/03/30/00121396129801773201184/Foto/.jpg)
Cinco exconcelleiros repasan 35 años de actividade municipal democrática en Viveiro
30 mar 2014 . Actualizado a las 08:13 h.O pasamento de Adolfo Suárez, o primeiro presidente da etapa democrática en España, sirveu de escusa para citar a algúns dos que foron concelleiros nestes 35 anos na corporación de Viveiro. Ningún deles puxo trabas á convocatoria feita por La Voz, e analizaron cómo viviron a actividade política municipal daqueles anos ata chegar a hoxe. Á cita acudiron Francisco Luís Rodríguez Guerreiro (BNPG/ BNG), Luis Rego (PSOE), os dous presentes xa na primeira corporación de 1979; José Veiga Candia (PP); José María Cabarcos (CG), e Ricardo González Placer (CDS / PSOE). Orlando Expósito, tamén invitado a tomar parte, non puido facelo, pero si deixou unha pequena reflexión. Comenzado pola transición. José Cayo foi o primero alcalde de Viveiro da etapa democrática, morreu a medio mandato. Substitueuno Blanco Casariego. Tras él chegaron os 20 anos de César Aja; dez de Melchor Roel, substituido por María Loureiro tras a súa morte.
P. L. R. Guerreiro- Non me vale o termo transición. Foi un gran engano a nivel estatal e, polo tanto, a nivel local. Agora úsase a morte de Suárez para poñer en valor unha monarquía corrupta. A primeira corporación refugaba de dicir «facer política». Nós, non. A transición foi un gran negocio.
Ricardo G. Placer-Desde tu óptica política Paco Luis. Pero después los alcaldes fueron elegidos por el pueblo. Tengo vivos los recuerdos del CDS en Viveiro; presentes a gentes como Ramón Pernas. Éramos de centro y al final nos dispersamos por el resto del arco político. Gente con talante abierto. Éramos tan pobres que tuvimos que escotar. Ramón ilustraba los comunicados que mandábamos.
Luis Rego- Houbo cambio, transición ou o que sexa. Dun estado ditatorial, a cando hai eleccións, hai unha transición. Coincido con Paco en que ese cambio se tiña que facer cunha ruptura total coa época anterior, e iso non o supuxo, hai institucións que só cambiaron o uniforme. En Viveiro si houbo ruptura. Antes das eleccións de 1979, o PSOE, desde esa clandestinidade permitida, asistiamos aos plenos do Concello e viamos cómo se funcionaba. Recordo a un taxista de Celeiro [Alfaro Morente, apunta José Veiga Candia] que ía falar dun tema que lle pedimos, e Castro Gil non llo permiteu; eu falei en alto, e chamou á Policía Local. ¡O qué son as cousas! Nas elección sde 1979 a silla na que se sentaba el ocupeina eu. Creo que cadaquén defendía as súas ideas e despois ía tranquilamente a tomar un viño, tiñas un fin común, pensábase máis nas vindeiras xeracións que nas vindeiras eleccións. Agora faise política de xestos.
José Veiga-Antes do 79 xa se inicia o cambio. Quedaban algún comos tercios sindicais, pero había xente como Ricardo García Yáñez, Fausto... que non eran adictos [ao réxime]. Eu fixen política, pero distinta. O verdadeiro político só pensa nel, vólvense desconfiados, teñen medo. Os profesionais, esa é a desgracia de hoxe. Daquela ninguén cobraba nada; na Deputación só había un que cobraba, e hoxe hai 15. Non entendo, xente que nin coñece o pobo... Fun directivo do Viveiro, do Casino, da asociación de veciños. Agora son profesionais da política. Todos enfadados, non se falan, van ao xulgado... Armonía formamos parte da comisión de goberno.
José M. Cabarcos-Non houbo transición? ¿Non houbo ruptura? Algo houbo. Non son monárquico, pero tampouco a figura do Rey.....Tocoume mala época unha maioría totalitaria. Veiga ten razón, a maioría aplastábate. A min chegóuseme a dicir, e está en acta: si me pides que quite unha pedra, non a quito si ma pides ti. Decepcionábaste, non tiñas ese optimismo..
Ricardo G. Placer-No podemos dejar de mencionar hoy a una persona insigne....César Aja marcó unha historia, para bien o para mal. Si estuviera Veiga y me llamara el PP, a lo mejor iba con el PP. Cada vez que entré [na corporación] con CDS y PSOE.... estaba César. Está claro que marcó la vida política de todos los partidos. Diré que César jamás despertó animosidad extrema. Tú [a Veiga] a su lado fuiste el sostén (...) ¡Ay de aquel político que no es capaz de ser amigo de su enemigo político!
José M. Cabarcos-Despois desta loa de Placer, parece que incita a un a lanzarse. Si el estivera diante [por César Aja] diría as verdades, pero como non está, non vou decir nada.
P. L. R. Guerreiro- Eu tiven de contrincante na oposición ao PSOE, e logo están os inimigos políticos. A visión de Rego paréceme idílica. Cayo foi o primeiro alcalde. Nun pleno extraordinario do 7 de febreiro nomea as comisións informativas e exclúe ao Bloque. Sacan unha ordenanza de gastos suntuarios; nós reunímonos cos comerciantes, e convocan un voto de censura contra o Bloque. Se se repasa, hai moi poucas corporacións que adoptaran un voto de censura. ¿E por qué o Bloque vai á comisión permanente? porque a lei o permite, era máis democrática que a que aproba o PSOE despois. Con Cayo, había un trato excelente.
José Veiga- O que é normal, a convivencia.
P. L. R. Guerreiro- Fun con Cayo a Madrid pedir na sede do PSOE o pavillón, e había moita publicidade en alemán. E vou recordar que aqui se fusilou a un alcalde de Viveiro e aínda falta un recoñecemento oficial.
«César Aja marcó la vida política de todos los partidos»,
apunta Placer