«O 90 % dos fondos que o Concello inviste na festa dos xubilados revirten no propio municipio», dice Alfonso Villares
A MARIÑA

El alcalde de Cervo afirma que a celebración tamén beneficia a moitos negocios
01 may 2014 . Actualizado a las 07:05 h.O alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, participará tamén hoxe na celebración do Día do Xubilado, que chega este ano á 31 edición. Para facilitar a participación na festa dos maiores, sobre todo dos que viven nas parroquias rurais, o Concello dispuxo de varios autocares que sairán ás 12.00 horas de distintos puntos. A primeira liña irá por Rúa, Sargadelos e Paraño; a segunda, por San Román, Castelo, Trasbar e Gondrás; a terceira, por Cervo, Figueirido, Espiñeirido e Río Covo, e a cuarta, por A Senra, Cuíña, Madeiro e Viladesuso.
-Noutros concellos deixouse de celebrar a festa dedicada aos xubilados, ¿por que decidiu o Concello de Cervo mantela pese á situación económica que atravesa o país?
-É unha festa que leva moitos anos celebrándose e nunca se discuteu sobre a idoneidade de deixar de celebrala. No caso de Cervo, podemos asumir o custe da festa. Estamos levando máis ou menos as contas ao día e creo que o Concello pode asumir perfectamente esta celebración, que é máis que unha simple festa. Penso que é un evento que axuda a facer pobo porque moitas persoas a ven como unha forma de celebrar que comparten un territorio, que forman parte do mesmo territorio.
-Todos os actos se desenvolven no municipio...
-O 90 % dos fondos que o Concello inviste na festa dos xubilados revirten no propio municipio. O transporte é dunha empresa de bus que opera no municipio, as empresas de hostalería que servirán a comida na praza, tamén; as que se ocupan de servirnos a sobremesa e o pan, tamén son do noso concello; os detalles que lles imos entregar aos maiores, tamén os elaborou un artesán cervense ... e asi con todo, salvo coa carpa. A nosa intención é ir negociando cos negocios e rotándoos.
-¿Que valoración fai do resto das actividades que organizan para os maiores ao longo do ano?
-A través da Delegación de Servizos Sociais levamos numerosas actividades ás parroquias e aos centros sociais que temos polas aldeas. Temos constancia de que hai moi boa participación. O noso obxectivo é que a xente maior non quede na casa, que viva onde viva, sexa nunha zona urbana ou nunha parroquia, teña alternativas de ocio. Para iso traballamos en organizar actividades e en manter activos os centros sociais e outros locais públicos.
alfonso villares bermúdez alcalde de cervo
«O noso obxectivo é que a xente maior non se quede na casa»