Dos variados números culturais desenvolvidos na vila perante as pasadas xornadas do nadal, foi de grande éxito o concerto que a Big Band, sinónimo de «orquestra de jazz», ofreceo na sala do Cenima, repleta de público. O grupo, formado por unha ducia de exalumnos da focega Escola de música, baixo a dirección de Arcadio Mon; unha música que apareceo polos anos 30 do pasado século e que tivo o seu maior esplendor entre as décadas 40 e 70 do mesmo; que creou pezas inesquecibles, das que foron autores nomes non menos lembrados: Pérez Prado (O rei do mambo), Louis Amstrong, Glenn Miller, Xavier Cugat?. De títulos coma Cerezo rosa, Mambo nº 8, Perfidia, Siboney, Serenata a la luz de la luna? e outros, entusiasmando a un auditorio numeroso que disfrutou dunha audición pouco prodigada en concerto: de feito e, salvo erro, é ésta a única «big band» existente na Mariña.
Arcadio, coa ducia de músicos que o acompañan, lograron un rotundo éxito, nun acto magnificado pola brillante intervención do humanista doutor Pablo Mosquera que, namorado da nosa bisbarra, que é a súa, amais de entusiasta melómano, atesoura un amplo bagaxe da cultura e da historia do contorno; valores que teñen o cénit na vella cidade da Paula, capital histórica. Arcadio, fundador da Banda de Foz, director da Escola , de quen temos escrito que «con él chegou a música a Foz»: expresión que as vivencias cotiás ratifican a cotío; e con él o polifacético Pablo Mosquera, que preside «Os Aventados», forman o tan-dem que aquela tarde impartiron lección maxistral que os presentes souberon apreciar e premiaron con entusiastas aplausos. O cronista non dubida en calificar de histórico o acontecemento que con seguridade permenecerá por tempo no recordo dos que tiveron o privilexio de disfrutar desta feliz mestura da música e da docta palabra feita literatura e historia: ¡parabéns!.