Antonio Veiga: «O BNG marcou a diferenza na Deputación con traballo e a favor da xente»

E. M. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Antonio Veiga, vicepresidente primeiro da Deputación polo BNG, onte na rolda de prensa.
Antonio Veiga, vicepresidente primeiro da Deputación polo BNG, onte na rolda de prensa.

«Ninguén apostou tanto pola Mariña antes, en Benestar, Cultura, Deporte, era unha débeda histórica, e todo a pesar da Xunta»

09 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

«Nunca antes se apostara tanto pola nosa Mariña, nunca, ninguén, en Benestar, en Cultura, en Deporte, en Servizos Sociais, todo a pesar dos recortes da Xunta». Son declaracións do nacionalista Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación onte despois da xunta de goberno.

«O BNG -sinalou- foi quen marcou a diferenza no goberno da Deputación Provincial; o BNG aportou coherencia, estabilidade e aportamos traballo sempre a favor da xente; sempre».

Indicaba despois Antonio Veiga que «o goberno de coalición na Deputación funcionou ben e así é valorado pola cidadanía a pesares das diferenzas co PSOE, pero foi o BNG quen marcou a diferenza no xeito de gobernar».

«A Deputación de Lugo foi insumisa ás políticas de recortes ordenadas polos gobernos do PP na Xunta e no Estado e garantiu os servizos ás persoas nos pequenos concellos e no rural, que non se olvide ninguén. Fomos nós, o BNG, foi a Deputación», continuaba noutro momento o nacionalista Antonio Veiga.

Explicou na rolda de prensa Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación, que «ó final resarciuse a débeda histórica da Deputación coas comarcas da Mariña e tamén de Lemos. O BNG foi garante dos pequenos concellos e das persoas que viven no rural poñendo en marcha desde as nosas áreas de goberno políticas encamiñadas a mellorar a súa vida, os servizos sociais, que teñan os mesmos que os que viven nas cidades; ninguén fixo tanto por eles, fronte á política de recortes do PP en servizos públicos e básicos», finalizou.

24-m la campaña