O pobo de Foz lembrará cunha homenaxe ao poeta chairego Manuel María

La Voz FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

A viúva do intelectual asistirá ao acto deste venres, que organizan o Concello e A Pomba do Arco

15 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Co gallo do cincuenta aniversario do libro Versos frolecidos en louvanza a Foz e no mesmo ano que a Real Academia Galega lle dedica as Letras Galegas ao poeta Manuel María, o pobo de Foz renderalle tamén ao intelectual unha homenaxe. Será o vindeiro venres, día 18, a partires das 20.30 horas, na Casa da Cultura, que leva o nome do poeta chairego.

A asociación cultural A Pomba do Arco e o Concello organizan este acto no que intervirá Suso Fernández, cronista oficial de Foz e amigo do escritor; Alberte Ansede, xerente da Fundación Manuel María e Saleta Goi, viúva do poeta e presidenta da fundación.

Nota musical

O músico Arcadio Mon presentará diversos temas compostos sobre poemas de Manuel María, que foi o primeiro socio de honra do colectivo cultural A Pomba do Arco.