PPara min durante os 16 anos que rexín os meus destinos do concello como alcalde a persoa de Arcadio Mon representou a compañía dun bon traballador, dun bo amigo e dunha boa persoa. Eran tempos de traballo para sacar adiante o que a el lle gustaba na súa profesión: a música. Estar volcado todos os días e a todas horas coa súa ensinanza e dirección na escola de música e coa súa banda municipal. Home dun trato amable, unha tranquilidade que denotaba a súa seguridade no que creía e facía.
Penso que non teño mais nada que dicir deste bo home que aínda que non naceu no noso concello defendeuno sempre, actuou traballando día a día sen descanso para cumprir as expectativas que había marcadas, e facer realidade os proxectos do noso concello, en definitiva foi unha persoa que a min me vai custar moito olvidar polo trato q tiña con el e a maiores penso k gañou con creces a estima e o cariño do municipio de Foz.