Un grupo de intelectuais, amigos e familiares nos xuntaremos o próximo domingo 8 de xaneiro, como tódolos estes derradeiros anos, no cemiterio de Boisaca as 12,30 horas, co gallo do quinto aniversario do falecemento de Isaac Díaz Pardo, para reivindicar o seu traballo a prol da cultura e da memória histórica nosa, a traves do proxeto Sargadelos.
Guiados da man de Xesús Alonso Montero e da súa Academia Real Isaac Díaz Pardo, o Presidente da Real Academia Galega reivindicará a sua figura, obra e legado. Tamen intervirán no acto xentes da Mariña luguesa como Bernardo Penabade e Andrés Varela, entre outros, e ao final habera unha solta de pombas e unha cesta de mazás, según reivindica o poema de Lorenzo Varela do seu libro Lonxe.
A restauración da actividade cerámica en Sargadelos da man do Laboratório de Formas, Isaac, Seoane e Albalat, estaba pensado como un gran proxeto cultural e industrial recuperador das nosas raíces identitárias galegas que funcionou con grande exito durante casi 40 anos, dende 1970 ate 2006, data do cese de Isaac Díaz Pardo.
A etapa cultural e creativa que levaba Isaac a través do Seminario de Sargadelos cesou un año despois, 2007. O Complexo de Sargadelos declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia, se atopa nunha fase decadente entre unha fábrica de cerámica que intenta sobrevivir a crisis económica e o seu Seminario de Sargadelos, hoxe inactivo, onde se atopa unha gran parte do legado documental de Isaac, e onde se desenrolaba toda a actividade investigadora, deseñistica, cultural e creativa, que revertía na mercantil, a espera dun futuro mellor. O Instituto Universitário de Cerámica da Universidade de Santiago de Compostela, é un exemplo da obra do Seminário entre outras.
Camilo Díaz é fillo de Isaac Díaz Pardo.