«Vivimos o incendio con impotencia»

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

A mariñana di que o lume correu tanto que puxo en perigo a persoas e animais

28 jun 2017 . Actualizado a las 09:48 h.

Nacida en Barreiros, Lucía Penabade é unha bióloga que durante varios anos traballou no centro de cría de linces de Doñana. Nos últimos tres anos está de guía no parque andaluz. Aínda que non a pillou no traballo, vive moi pendente do incendio que se produciu na zona e do que está acontecendo nesta área.

-¿Cómo vivistes isto aí?

-Pois impotencia 100%.

-¿Como se enterou?

-O incendio empezou en Mazagón. Por xente que vive alí, de primeiras, antes das doce da noite do primeiro día, do sábado, creo que foi, xa sabiamos que había un incendio, que Mazagón estaba en risco. A partir de aí seguimos toda a marcha por WhatsApp. Houbo moi mala información en prensa e por Internet, a través de WhatsApp e de xente que vivía en Mazagón ou Matalascañas que ía mandando fotos., sobre todo por whasapp nos fomos enterando de todo.

-Para os que vivimos no norte, ¿canto dista Doñana de Mazagón, canto de ameazante era ese incendio?

-Doñana, o que é espazo natural de Doñana é todo zona protexida. Ten o que é parque nacional que é moito máis protexido e parque natural que sería como a periferia. Hacia Mazagón chega o parque natural. Non sei a cantos kilómetros, pero moi cerca de Mazagón xa hai zona de parque natural, de feito do que ardeu hai unha boa parte del.

-¿Está o incendio controlado ?

-Si, agora din que está controlado, pero que non está extinguido. Os avións, as motobombas, o dispositivo din que empeza a retirarse pero sigue activado o protocolo.

-¿Que fixestes dentro do parque?

-A nivel particular nada, había moitísimo vento e so había profesionais. A nivel particular non se podía facer nada. O que si que a noite anterior (a do domingo a luns), si que lles permitiron entrar a agricultores con tractores para facer máis cortafuegos, pero en zona onde non había lume. Para que si volvía reactivarse o lume non chegara, sobre todo a Matalascañas, que era a zona na que se quedou xustiño, xustiño.

-Dentro do parque, ¿que se fixo? ¿Evacuaron os linces?

-Si, pero iso é o centro de cría, onde estiven traballando eu. Iso está cerca de Matalascañas; o problema foi o vento que foi moi rápido e foi avanzando e chegou o momento en que había que desaloxar xa porque corrían perigo, tanto as persoas como os animais. Pero pouco a pouco estase volvendo á normalidade.

-Vostede traballou cos linces.

-Sí, sí. Ademais traballei nese centro, no centro de cría en cautividade, en videovixilancia. Pero cando o incendio non puiden nin acercarme, todo o seguín dende a casa, pendente do teléfono. A impotencia dende a casa, imaxínate. A xente de alí fixo o que puido, co tempo que houbo e sobre todo coas condicións que había, sobre todo coas condicións; en principio non ía chegar o incendio, pero co vento empezou a avanzar a unha velocidade...que non era normal. Moito medo, medo e impotencia. Antes vivía en Matalascañas, pero agora vivo en Bollullos, a 40 kilómetros, na casa non tiña problema, aquí non chegou o fume nin as cinzas, nada.

-¿Sigue na plantilla de Doñana?

-Non, agora mesmo traballo de guía en Doñana, nunha empresa privada, levo xa case tres anos de guía.

"Por ahora sábese que área ardeu, pero non as condicións dos animais"

-Vostede coñece ben o parque, ¿houbo algo afectado?

-Si, da zona que ardeu de parque natural había territorio de linces. Os linces móvense por onde queren e non so están no parque nacional e no centro de cría. Como mínimo din que arderon dous territorios de femias, incluso que podían ter cachorros. Non se sabe nada, porque ata que se extinga o incendio non poden entrar. Xa se atoparon cadáveres de xabarís. O lume foi tan rápido que houbo algunhas zonas por culpa do vento, que incluso non arderon. Agora empezan a sacar fotos aéreas e vense pequenos oasis no medio de todo o queimado e hai certas esperanzas con certos animais e con plantas.

-¿Como avalían o desastre?

-Por agora non se sabe, ata que estea extinguido non poden valorar. Agora mesmo estaba mirando o Facebook, creo que a través da estación biolóxica, a través de satélite, conseguiron fotos e din que antes falaban de quince mil hectáreas afectadas e vese na foto que é un pouco menos, quizás non chegue ás dez mil hectáreas. Por agora de momento sábese onde ardeu, pero ata que poidan entrar os técnicos do parque e investigadores, non se vai poder saber nada máis. Os técnicos do proxecto Life, do proxecto europeo que leva o lince no campo saben que hai tres territorios aí e polas fotos e información hai dous territorios e medio como mínimo destas femias queimados, pero non puideron entrar a ver. Saben que área ardeu pero non as condicións nas que están os animais.

- ¿Que fai un guía en Doñana?

-Sobre todo divulgación e concienciación. Vamos dando un paseo por unha zona protexida e a labor máis que nada é que a xente coñeza o que hai. Non só por que estou en Doñana e hai que visitalo, senón ver o que hai, cal é a problemática, o que se fai, que animais hai ou non hai...