«No emprego volcámonos, creo que seleccionamos preto de 200 persoas»

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá O VALADOURO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

27.000 euros de presuposto para os catro días de festa e se sobran, para o fútbol

08 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Edmundo Maseda (PSOE), leva catro anos de alcalde do Valadouro. Tempo bastante para facer balance.

-¿Que destaca, en positivo, destes anos?

-En positivo, moito, sobre todo na creación de postos de traballo. Nós, o principio, volcámonos. Cando entramos na Alcaldía estaba a crise en pleno apoxeo, con moita xente no paro, e todo o que se podía facer dende o Concello para contratar xente o fixemos. (...). Creo que seleccionamos preto de 200 persoas en catro anos, é unha barbaridade. E logo terminamos os saneamentos en Moucide. Os temas de limpeza. Temos case todo o alumeado do Concello, agora vamos adherirnos a un plan da Deputación, que vamos investir outros 20.000 euros e case case queda case todo o Concello con alumeado de baixo consumo. É un aforro tremendo; cando entramos tiñamos un gasto de luz, solo de alumeado público de máis de cen mil euros e agora anda por 55, 60.000 euros e vamos baixar máis; acabamos de completar unha auditoría enerxética con planos e detalles de todos os cadros de luz, cos términos de potencia. Entón imos negocialos. Onde había lámpara de 200 vatios agora vai unha de 30 e sóbranos moitísima potencia, e aí e onde está o gasto. Con ese diñeiro démoslle todos estes anos subvencións a todas as asociacións de veciños, é a maneira de participar nos presupostos do Concello. E temos o proxecto do polígono industrial feito, estase informando en Barras, polo tema da enerxía. A ver si este ano podemos ter algunha noticia positiva. Vamos comprar as fincas, vamos investir todo o do Plan único da Deputación nos terreos; xa temos falado cos propietarios. Imos homologar a escola de horticultura; fixemos o edificio para ter as instalacións; bueno, foi moi doloroso porque tivemos problemas con Urbanismo coa localización do sitio, pero agora xa está feito, fáltanos amoblalo e meterlle os equipos informáticos para homologalo para dar os certificados de profesionalidade, non só en agricultura senón en outras cousas. E se ve no pobo a limpeza; agora coa recollida de lixo que imos facer en conxunto con Alfoz liberamos dúas persoas que van servir para facer traballos no pobo (...) Nos autorizan a facer unha captación na Silvosa para a auga de Santa Cruz, que tiñamos problemas de turbidez. Bueno, é difícil resumir catro anos.

-Ó mellor é máis fácil resumir o que non deu feito

-Probablemente. Home, se non fora todo o problema político que houbo na Deputación eu creo que o polígono estaba máis avanzado. De tódolos xeitos, vai ben, vai polo seu cauce. Nestes medios cambiou a Lei do Solo e trastocou (...) Imos terminar o local social, ó lado do colexio; ingresáronnos estes días o anticipo do plan único e imos acometer as obras. Fáltanos poñer a calefacción, a electricidade e a carpintería. Logo amoblar e xa queda listo para que a xente da terceira idade poda reunirse. E vamos reabrir o ximnasio porque por fin o IGVS acabou de arreglalo, que metía auga igual que un cesto roto cando chovía (...) parece que o deixaron bastante ben e queremos reabrir en outubro. Fixemos o banco de libros, que é importante, temos as actividades extraescolares, os madrugadores, todo gratis. A piscina gratuíta, o uso do pavillón gratuíto. Imos ver si lle damos un empuxe ás escolas deportivas, que hai moitos xoves que van a Burela, Foz e Lourenzá e ademais lles costa cartos ás familias e aquí será gratuíto.

27.000 euros de presuposto para os catro días de festa e se sobran, para o fútbol

 

 

Onte empezaron as Festas do Oito en Ferreira. A A.D. C. Valadouro organiza un ano máis as patronais. O seu presidente, José Ricardo Rubal Méndez, Seíto, como lle chaman todos, conta que se fixeron cargo debido a que non había ninguén para facelas e de paso, se lles sobra algún carto, quedan para o fútbol. O ano pasado, concreta, lles sobraron 800 euros.

Este ano o presuposto sube de 27.000 euros, máis IVE. As orquestras lévanse unha boa parte dos cartos. «As catro que veñen para os días 8 e 9 xa son 21.000 euros, e grazas que as tiñamos contratadas de hai meses, senón custarían máis ou xa non habería», explica Rubal. Estes cartos xúntanos pedindo a veciños e negocios e grazas á subvención de 11.000 euros que, di, lles concede o Concello.

Onte abriu o programa Montreal. Hoxe comezan ás 12.30 horas con misa; seguen coa sesión vermú que ameniza Essencia e de noite teñen a esta orquestra a Atenas. Mañá, misa ás 12.00, pasarrúas, procesión e concerto a cargo da Banda de Música Nosa Señora da Misericordia de Viveiro, sesión vermú con Caramelo, que volve a noite con Super Fama. O domingo cerran co Diverneno e con Dilema, na verbena.