A Pomba do Arco organiza unha viaxe «ao patrimonio esquecido do Concello de Foz»
A MARIÑA

La ruta será guiada por el presidente de Mariña Patrimonio
13 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.A Asociación Cultural “A Pomba do Arco” organiza o sábado 30 de setembro unha visita ao patrimonio esquecido do Concello de Foz que estará guiada polo presidente de Mariña Patrimonio e estudoso na riqueza patrimonial da comarca, Manuel Miranda.
O roteiro incluirá a visitas ao Castro de Fazouro e ao seu porto, onde se atopan restos arqueolóxicos, ao Fortaleza da Frouxeira, reparando naqueles aspectos descoñecidos, a antiga mina de estaño da Furada da Serpe en Santa Cilla e ao Cano dos Mouros, outro posíbel xacemento mineiro sito en Santa Cilia.
As persoas interesadas en participar desta actividade, deberán inscribise no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com, ou ben chamando ao telefone 608-555-010. O número de prazas é limitado polo que hai que anotarse antes do xoves 21.