O Resu en datos: esperan un impacto de 13 millóns e xerar 2.000 empregos

s. c. / d. g. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Hoteis casi cheos en Viveiro e na Mariña Central e ata en Vilalba e na Coruña

13 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, visitaron este xoves as instalacións nas que se está a desenvolver o XII Resurrection Fest, o festival de música metal e rock máis importante de España e un dos máis relevantes de Europea,

recoñecido e premiado como tal con diferentes galardóns. Fixérono acompañados de Iván e David Méndez Rodríguez, director e subdirector do festival, así como promotores e organizadores cos que dende sempre colaboraron Deputación e Concello de Viveiro, sendo as administracións galegas que máis aportan.

Campos Conde explicou que «este é un dos eventos turísticos máis importantes para a provincia. O primeiro, de seguro, para a nosa Mariña. Deputación e Concello de Viveiro apostamos por este festival dende o primeiro momento, da man de Melchor Roel, non coma outros que se apuntan tras o seu éxito.... Hoxe Deputación e Concello seguimos sendo as administracións galegas que máis colaboran. Dende a Deputación, facémolo con máis de

130.000 euros. Cremos isto non é un gasto, senón un investimento para a nosa provincia. O Resu ten todo un recoñecemento mundial. É o mellor festival de rock de España e dos mellores de Europa. Atrae a 85.000 persoas de máis de 40 países. Agárdase un retorno económico de 13 millóns de euros. Xera uns 2.000 postos de traballo directos e indirectos». «Os hoteis da Mariña están cheos polo que os efectos do Resu se estenderon á Terra

Chá, habendo reservas en Concellos como Vilalba. Por proximidade, tamén hai as hai en municipios da Coruña».