O Coro da Mariña actúa hoxe no teatro Pastor Díaz con David Bellas como convidado especial

S.C. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Interpretan pezas de todos os estilos musicais, desde pop e rock ata temas populares

29 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe, xoves 29 de novembro, o Coro da Mariña, que codirixen Pierrot Rougier e Ugia Pedreira, cantará en Viveiro, no Teatro Pastor Díaz e terá como convidado especial ao músico David Bellas que acompañará como convidado especial a esta formación mariñana neste concerto. Un concerto, sen dúbida, interesante e unha moi boa proposta cultural e musical para esta tarde noite de xoves.

O mar como fío condutor

A temática deste coro ten como fío condutor o mar, a súa poética e a súa cultura, harmonías e melodías que teñen o mar como fonte de inspiración.

Interpretan pezas de todos os estilos musicais, desde pop-rock a música popular. «Calquer canción-segundo deixaron dito cando iniciaron a súa andaina-é óptima para ser arranxada a voces por Pierrot Rougier e guiada pola técnica e experiencia escénica de Pedreira», sinalan desde o colectivo.

Ás 20.30

Este concerto fai parte da programación do Outono Cultural do colectivo viveirés Pensamento e Sementeira. Dará comezo ás 20:30 horas e a entrada será libre até completar o aforo no teatro. Desde o colectivo Pensamento e Sementeira convidan a asistir a este concerto do Coro da Mariña, que xurdiu a iniciativa de Ugia Pedreira e de Pierrot Rougier.