O Hospital dona 30 camas aos concellos para que as ofrezan a quen as precise
A MARIÑA
Corresponden ás áreas de hospitalización que agora están a ser reformadas polo Sergas
20 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.O Hospital Público de A Mariña vén de donar unha parte das camas de hospitalización articuladas para os servizos sociais dos concellos da súa área de influencia, de xeito que podan ser facilitadas a aqueles cidadáns que as precisen.
As camas que vén de donar o Hospital da Costa corresponden ás áreas de hospitalización que agora están a ser reformadas polo Sergas, na segunda fase das obras de mellora e ampliación do Hospital da Mariña.
Nos Servizos Sociais
As trinta camas de hospitalización están xa a ser repartidas entre os catorce concellos
de A Mariña para a súa xestión polos servizos sociais de cada un deles.
O Hospital da Mariña decidiu donar as camas de hospitalización aos servizos sociais dos distintos concellos da comarca, para que podan ser facilitadas por estes a aqueles usuarios que as precisen e, deste xeito, colaborar cos cidadáns da área de influencia do Hospital da Mariña.
Por tanto os cidadáns que poidan necesitar destas camas, han de poñerse en contacto cos Servizos Sociais dos seus respectivos concellos e aí evaluarán.
As dúas plantas que veñen de ser abertas no novo edificio do Hospital da Mariña, foron dotadas polo Servicio Galego de Saúde con mobiliario de hospitalización de nova adquisición, tanto no que se refire a camas, como sillóns de acompañante, mesiñas, etc.