O CD Foz en Preferente Norte

José María García Rivera

A MARIÑA

O Como presidente do CD Foz quero deixar clara a miña opinión sobre a marcha do equipo, o C.D.Foz. Na liga de Rexional Preferente, cando quedamos situados para ascender a temporada pasada, a directiva non tiña claro ese ascenso, porque económicamente non estabamos preparados e, segundo, porque sabiamos que a Preferente Norte era unha categoría moi forte e exixía moito esforzo e unha boa plantilla, pero os xogadores estaban ilusionados e decidimos subir a Preferente Norte.

Xogadores de Foz

Conformamos unha plantilla marca da casa con 80% dos xogadores de Foz, como non podía ser doutro xeito, completando con outros xogadores que levan tempo no equipo; xogadores cun comportamento exemplar e que están a sufrir os últimos resultados dunha maneira desesperante e eso me consta.

Os nosos xogadores teñen unhas primas por ganar ou empatar partidos, e teñen que viaxar como no caso deste fin de semana ata lugares que entre ida e volta suman 500 kilómetros.

Outros pagan 600 euros/mes

O contrario de todo isto témolo en equipos da mesma categoría que nós e non moi lonxe de Foz, en equipos que están pagando salarios que suben de 600 euros ó mes a algúns dos seus xogadores.

O problema, os «arrastres»

A directiva solamente lles solicitou ao equipo librarnos do descenso e facelo o mellor posible, cousa que salvo unha desgracia teñen conseguido neste momento, según se pode ver na tabla da clasificación; agora ben, pode haber arrastres doutras categorías e vernos implicados, pero para que eso non suceda queda tempo e temos que arroupar ós nosos técnicos e xogadores co máximo apoio posible, porque neste momento necesitan do calor da afición, nós como directivos facemos todo o que podemos por este gran grupo humano.