![](https://img.lavdg.com/sc/UjUmCifaEo17RPfDjvlGWfjbf34=/480x/2019/04/26/00121556307362132267288/Foto/X26A9055.jpg)
Isabel Blanco lerá o pregón, e competirán hasta oito campións do mundo de pesca
27 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Van ser xa 41 anos da Festa da Troita da Pontenova, un dato que fala claro da relevancia deste evento, declarado Festa de Interese Turístico Galego e tamén de Interese Turístico Deportivo Nacional. A festa, que se celebrará o 30 de abril e o 1 de maio, foi presentada na Deputación (que colabora aportando 5.000 euros), polo presidente do ente provincial, Darío Campos, xunto ao tenente de alcalde de A Pontenova, Francisco Martínez Bermúdez, e o presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois.
A festa é moito máis que unha gran cita deportiva, na que participarán 130 pescadores de varias comunidades, incluíndo a oito campións do mundo, xa que transforma toda A Pontenova. De feito, na presentación do programa apuntouse que esperan que acudan unhas 10.000 persoas.
O programa abrirase o martes ás 14.00 horas coa sesión vermú a cargo de Costa Dorada. Ás 20.00 horas comezará a entrega das Troitas de Ouro; ás 21.00 horas a actriz e presentadora Isabel Blanco lerá o pregón. A continuación abriranse as casetas de degustación dos troitas e seguirá a verbena, con Anaconda e Costa Dorada.
O mércores 1 de maio, ás 9.00 horas darán comezo os concursos de pesca (lance, salmón e mosca) e a I Ruta de Sendeirismo Festa da Troita Vía Verde, novidade desta edición, de participación gratuíta sobre un percorrido de 12,5 quilómetros a carón do río pola antiga vía do tren mineiro, vendo ós pescadores en acción. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo na oficina de turismo de A Pontenova e no email turismo@concellodapontenova.org.
Solara tocará a macro sesión vermú, e ás 18.00 horas entregaranse os trofeos.