Paros en Costiña «polo retraso reiterado no pago das nóminas»

La Voz ALFOZ / LA VOZ

A MARIÑA

No disponible

Onte convocouse un paro de catro horas que foi secundado pola maioría dos 65 traballadores, segundo o comité

18 sep 2019 . Actualizado a las 11:29 h.

O comité de empresa de Costiña convocou onte un paro de catro horas, «que foi secundado pola maioría dos 65 traballadores da empresa para denunciar os reiterados retrasos no pagamento das nóminas», sinala o comité.

«O paro -din- tivo lugar en dúas quendas, dende as 11.30 da mañá ás 13.30 tarde e dende as 14 horas até as 16. Durante ese tempo os traballadores, que se mantiveron nas instalacións da empresa atenderon as explicacións do comité e de membros do sindicato CIG e decidiron as vindeiras

medidas a tomar de seguir os retrasos nos pagamentos. Isto pasa por convocatorias de folga tódolos meses até que a empresa se comprometa a ingresar a nómina cando menos antes do 15 de cada mes».