Un «alivio» para cien familias de Lourenzá, muchas ya al límite

s. c. LOURENZÁ / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Fogasa pagó los salarios de septiembre, octubre y noviembre; llevaban cinco meses sin cobrar

07 feb 2020 . Actualizado a las 10:11 h.

El Fondo de Garantía Salarial, Fogasa, pagó a los casi cien trabajadores de Muebles Hermida los salarios de septiembre, octubre y noviembre. La empresa, en concurso de acreedores, les adeudaba cinco meses de nóminas.

Un «alivio» al menos para estos trabajadores y para sus familias, muchas de ellas estaban al límite, como señalaba el presidente del comité de empresa, Manuel Franco, quien reconocía que «polo menos isto vén ser un alivio para nós. Facía moita falta, hai que ter en conta que levábamos cinco meses sen cobrar e algunhas familias estaban nunha situación complicada, difícil».

Ahora los trabajadores tienen pendiente de percibir el salario correspondiente al mes de diciembre último. «Sí, así está a cousa. Tamén estamos esperando a certificación do Sepi para inscribirnos no paro e esperar, que é o que toca, a ver se mentres se resolve o concurso», indicaba Manuel Franco.

Un administrador concursal está estudiando a fondo la situación de la empresa, que era y es un referente en el sector del mueble, sin duda. Determinará su viabilidad, en caso de que sea así.

Acordo no Parlamento para que a Xunta medie e axude na crise de Muebles Hermida

O BNG, por medio da parlamentaria Olalla Rodil, propuxo onte no Parlmanento que a Xunte medie na crise de Muebles Hermida para garantir unha solución á empresa, buscar a súa continuidade e manter así os postos de traballo. Houbo un acordo unánime no Parlamento.

Pola súa banda, a deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez reiterou no Parlamento galego «a plena disposición do PPdeG e da Xunta de Galicia para manter o diálogo aberto cos empresarios, os empregados e, de ser o caso, co administrador concursal da empresa Muebles Hermida de cara a buscar a mellor solución posible que permita manter a actividade industrial e o emprego».

Sandra Vázquez subliñou que «este apoio aos traballadores de Muebles Hermida é o mesmo que desde o Goberno galego se está a prestar aos milleiros de empregos industriais que neste momento están en perigo, en empresas como Alcoa, a central de As Pontes, o estaleiro de Navantia,

Ence ou os afectados pola modificación da Lei de Costas».

A deputada popular lembrou noutro momento da súa intervención que «a Xunta dispón dun paquete de apoio ás empresas e traballadores afectados polo actual momento de inestabilidade, que inclúe un novo programa de axudas para traballadores afectados polos EREs, dotado con catro millóns de euros, acordado dentro do diálogo social con patronal e sindicatos».