Rente ao Mar consolídase como un referente na hostalería de Foz coa súa receita do polbo á feira

marco pereira / m.c. FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

O establecemento sirve todo tipo de racións

07 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Rente ao Mar, situado no porto de Foz, leva cinco anos dando un servizo hostaleiro de calidade e destacando, sobre todo, pola súa especialidade: o polbo á feira. Ademais desta receita, en Rente ao Mar sirven todo tipo de racións, como lacón, cachelos, pementos de Padrón, croquetas de queixo de San Simón e de Tetilla, berberechos (chícaros) ao vapor, empanada de zamburiñas, mexillóns ao vapor… en definitiva, unha ampla variedade de produtos de calidade e galegos, como insiste o xerente, Ramón Fraga, Caxé.

Afirma que este ano non puideron festexar o quinto aniversario, mais para o ano 2022 esperan celebralo como fan habitualmente, con concertos en directo ou sardiñadas. Rente ao Mar, co atractivo engadido de estar nunha zona peonil e en plena fachada marítima de Foz, convertiuse nun dos referentes da hostalería local. Xa de cara ao futuro, o hosteleiro Caxé confía en que a situación sanitaria mellore e podan voltar a facer todas as actividades que realizaban ao longo do ano antes da chegada da pandemia do covid-19.