O PP pídelle ós alcaldes do PSOE da Mariña que esixan a Sánchez que «cumpra os acordos sobre Alcoa»

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Pepa Losada

E critica ó BNG por manter nos gobernos ós socialistas

25 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Cargos do PP, a nivel local, provincial, autonómico e nacional, compareceron onte en rolda de prensa en Viveiro para reclamarlle ós alcaldes do PSOE da comarca que «movan ficha e esixan ao Goberno de Sánchez cumprir os acordos sobre a intervención de Alcoa». A presidenta do PP provincial, Elena Candia, lembrou os acordos aprobados no Parlamento galego, no Congreso e nos Concellos e reclamoulle a Sánchez que «a SEPI lidere a operación de compra da planta como solución ao problema e de cara a garantir o emprego e a continuidade da planta de San Cibrao».

Para o PP, a reunión desta semana da ministra de Industria, Reyes Maroto, en Pittsburgh «non foi clarificadora» e cualificaron como «surrealista» que Alcoa corrixira case de forma inmediata a información do Goberno.

Elena Candia afeou a actitude alcaldes do PSOE na Mariña: «Non entendemos ese silencio, ese inmobilismo por parte do PSOE na Mariña e pedímoslle responsabilidade e compromiso co seu territorio e que obriguen a mover ficha e ao Goberno a cumprir eses acordos. Reivindicámolo dende Viveiro onde a alcaldesa socialista e a subdelegada do Goberno que foi concelleira aquí están caladas. Reivindicamos que os socialistas da Mariña lideren unha reivindicación ao respecto».

O senador José Manuel Barreiro, acompañado da tamén senadora Rosa Arza, criticou a postura do BNG, por cuestionar e cargar contra as políticas de Sánchez pero manter en diferentes gobernos, como o da Deputación, ó PSOE. Tamén se pronunciou sobre este asunto o deputado nacional mariñán Jaime de Olano: «El tiempo se agota y nos jugamos miles de puestos de trabajo».