Amaba Cangas, en Foz, e Galicia por riba de todo. Era simpático, disfrutón, ocurrente, con esa gracia que só teñen os intelixentes. E el, sen dúbida, érao. Comprometido coa súa terra e a súa xente, foi solidario, leal e xeneroso ?ata decir basta- con toda causa xusta. Gustaba da boa mesa, das mulleres, do Real Madrid. E gozaba cunha cervexa e con amigos ollando ao mar, sen lugar nin tempo…
A ferida que deixa non tén límite nin final.
Pero legou unha lección: fai ben e non mires a quén nin esperes nada a cambio; a vida vale a pena si caes na conta de que as cousas materiais teñen valor relativo e admites que o que conta non é a cama onde durmes, senón a conciencia coa que te deitas.