Jesús Blanco, presidente de Os Bolouros desde 1991: «Non todo vale nos cogomelos, hainos moi parecidos ás especies tóxicas»

y. garcia FOZ/LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

La asociación focense continúa con sus XLII Xornadas Micolóxicas, este año como homenaje póstumo al profesor Berio Quiroga Gallego

16 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Os Bolouros es una de las asociaciones más antiguas de Galicia, nacida a finales de los años 70, y una de las cofundadoras de la federación gallega en 1981. Hoy cuenta con alrededor de 90 socios familiares. Desde Foz, se dedica desde su constitución al estudio y divulgación de las setas, organizando cada año unas jornadas micológicas que después del parón debido al covid se recuperaron el año pasado. En el presente celebran la edición número 42, en la que no faltan las salidas al campo ni las charlas ni las atractivas citas gastronómicas, que demuestran todo lo que una seta puede dar a un plato. Este 2022 es todavía más especial la cita, porque es un homenaje póstumo al que fuera su vicepresidente, el profesor focense Berio Quiroga Gallego (1938-2021). Jesús Blanco continúa presidiendo Os Bolouros. Ni más ni menos que desde el año 1991. Y lo que ha llovido desde entonces.

El ciclo de Os Bolouros comenzó el pasado día 3 con los Xoves de Funxitapas (que se repetirán este 17 y el próximo 24), continuaron el pasado 13 con una salida a la zona viveirense de As Lobeiras. Y también este jueves (Cenima, 20.00) habrá coloquio de la empresa mariñana Shiifos, bajo el título «Unha experiencia no cultivo da shiitake» sobre la experiencia emprendedora de Pedro Rodil y Jesús López en Remourelle (Ribadeo). «A shiitake ten  moita venta fóra, sobre todo en Asia», alude Jesús Blanco, recordando que hace tiempo un japonés llegara a cultivar la shiitake (lentinula edodes) en otra zona micológica idónea como es A Fraga Vella, explotación de 200 hectáreas que él pudo visitar ya finales de los 80, en los límites entre Mondoñedo y Abadín. Era la finca de Kazuta Kimura, quien inició su producción pionera en España en 1988, con micelios traídos de Japón e implantados en troncos de especies autóctonas. «Tiña unha extensión de terreo bastante grande», recuerda Blanco. «Outra versión é en sacos. Tamén o champiñón se pode cultivar en sacos, que se venden e son moi válidos para un horto urbano, unha casa, un xardín, un balcón... A pleorotus tamén se dá en cultivo parecido, pero en vertical. E esa mesma posibilidade a hai na seta de ostra tamén. Sempre hai xente á que lle poida interesar iso», finaliza Blanco.

Las jornadas de Os Bolouros proseguirán el 27 con otra salida, a tierras de Sarria, tanto para recogida como para identificación de setas, junto con la asociación A Muiñeira. Concluirán el 3 de diciembre en el restaurante Racimo de Foz con el Xantar Micolóxico (anotan antes del día 2 de diciembre en el teléfono 982 133 636).

«Este ano está sendo malo para a recollida, en xeneral»

Jesús Blanco é testemuña dende hai décadas dos cambios que se producen na natureza na comarca e noutras limítrofes que o biólogo e experto micolóxico coñece á perfección, en relación coa saída e localización dos cogomelos.

_Este ano que volve a haber saídas ao monte e ao campo, que se está a detectar con respecto aos anterores?

_Nos últimos anos vense producinco primeiro unha pequena aparición de cogomelos no mes de setembro. Para todo e logo volve. Na Mariña estase reducindo porque aquí practicamente non choveu, pero a partir da Terra Cha si que hai cogomelo a montón porque nesas zonas si choveu moito. Antes a temporada principal era do 15 de outubro ao 15 de novembro; falo de hai uns 20 anos. Dinme de conta en Campo de Oso un ano que fun cun amigo a buscar níscalos que empezou a aparecer a lingua de vaca, que tradicionalmente saía co frío. Resulta que aquela era a primeira que a encontrei aquí e pensei 'que cousa máis rara'. Pero posteriormente seguiu saindo. O que sucede agora é que o que antes saía na súa época, antes ou despois, agora xa non é así e vese todo 'revolto'. Quero dicir que xa non hai unha estacionalidade. A amanita cesarea, por exemplo, antes da pandemia atopárana na zona de Santiago; iso significa que vai ascendendo porque antes empezara a encontrarse no sur de Lugo.

_Cal podería ser o balance provisional, a estas alturas, do ano micolóxico na comarca? Percíbense efectos do cambio climático?

_Este ano está sendo malo, en xeneral, ainda que sempre que saes ao monte encontras algo. Igual que pasa coas árbores, que florecen antes, ou co tema da pesca... todo indica que algo pasa e nótase que algo está cambiando, pero habería que estudalo ben.

_A asociación é unha das veteranísimas e que sigue en funcionamento, co difíciles que parecen ser estes tempos para todo o que se organiza. Vai entrando en Os Bolouros xente nova?

_Teño que dicir que a maior parte dos socios o van deixando de ser porque falecen pero si que os novos tamén se van metendo nas actividades, sobre todo nas saídas. Os cogomelos é un tema dos de antes pero que interesa con enfoques novos.

_Como o pulo que lle está dando a hostalería, dándolle ese valor gastronómico tan apreciado.

_En Os Bolouros temos a nosa misión, que é dar a coñecer o mundo natural e micolóxico como asociación. Pero tamén hai outra parte importante que é a de darlle aplicación. Nese sentido, está precisamente o estudo gastronómico. O IES de Foz deulle un pulo tremendo [cita expresamente a Suso Liste]. Precisamente na saída do domingo pasado viñeron dous rapaces de Hostalería que querían seguir aprendendo. A verdade é que temos que adaptarnos aos novos tempos, porque agora demándase un produto de calidade e que estea ben elaborado.

_O tema recurrente de todos os anos cando se fala de cogomelos é advertir sobre o risco de consumir exemplares tóxicas. O recomendable é consultar un experto na materia para evitar sustos domésticos?

_Percibo que a xente cada vez é máis consciente e detecto que cando vén ás charlas que ofrecemos, algo xa saben. Pero si, os cogomelos é algo que hai que coñecer moi ben. A  cultura micolóxica vaise transmitindo. Xente de fóra que vén aqui vén buscando o níscalo, o boletus... e pouco máis. Outros coñecen algún champiñón e lepiota. No caso de aqueles que non saben, o resultado é incontrolable. Sempre hai que dicir: hai que ter coidado, non todo vale nos cogomelos e hainas moi parecidas aos tóxicos. O que queremos é ter as cousas moi claras á hora de buscar e coller setas. O mellor, sempre, repito, é coñecelas ben.

_Cales serían os riscos aos que se pode expoñer nunha recolleita sen a suficiente experiencia ou coñecemento na materia?

_Dende unha lixeira gastroenterite a problemas renais e hepáticos, ata incluso a morte, en grande síntese. Despois hai unhas que son moi picantes, outras que incluso non teñen interese culinario ningún e outras demasiado brandas. Na Mariña hai que ter en conta, ademáis, que o pino vai en recesión e que as carballeiras e as fragas son cada vez menos. Onde hai eucalipto eu xa nin entro porque non hai nada. O buscador de setas normalmente vai o piñeiral. 

Recuerdo especial a Berio Quiroga: «Foi un humanista e moi boa xente»

Al que fuera vicepresidente de Os Bolouros, Berio Quiroga Gallego, fallecido el año pasado, la asociación le dedica sus XLII Xornadas Micolóxicas. Será este domingo  20 cuando lleven a cabo la actividad «O camiño de Berio»,  que incluye visita al Museo y Castro de Viladonga, recorrido junto al río Azúmara (también para recoger setas), comida opcional en Casa Cazoleiro de Meira y visita al Pedregal de Irimia donde nace el río Miño. Los participantes saldrán en coches particulares desde la Casa do Concello a las 9.00 horas.

Jesús Blanco le recuerda como «un mestre moi querido e valorado por toda a poboación de Foz. Era natural de Terra Cha, pero sempre viviu aquí. Incluso por uns minutos foi alcalde de Foz, na época predemocrática. Era un humanista e moi boa xente». «Para min _continúa_ aportou o coñecemento de certos lugares. Moitos da Terra Cha. Faloume do Castro de Viladonga cando naquela época nin se sabía que existía, do carballo de Luxís, do Pedregal de Irimia, que logo foi dándose a coñecer...». Gracias a Berio, comenta Blanco, Os Bolouros iniciaron una amistad que ya es longeva con la asociación Amigos da Feira en Castro de Rei: «Cada ano vou a colaborar con eles».

Berio Quiroga Gallego pasó como maestro por todos los colegios públicos de Foz y también dio clase en el instituto, hasta jubilarse en 2003. «Son un mestre de aldea, dos que tiñamos que dar de todo», señalaba el mismo a La Voz de Galicia con motivo del final de su etapa docente aquel año.