Un campión mariñao

ANXO CASTIÑEIRA

A MARIÑA

PEPA LOSADA

29 ago 2023 . Actualizado a las 09:19 h.

Temos un campión mariñao, un rapaz que sacrificou moitas cousas da súa infancia para adicarse a algo que lle gustaba e co que soñaba, cuns pais que tamén sacrificaron moitísimo para que o seu fillo conseguira cumplir o seu soño.

Aí está!!! Chámase Adrián, un grande, cun peso ás súas espaldas moi importante cargado de trofeos, cunha loita moitas veces sobrehumana, como esta por exemplo en Budapest, onde eu mesmo dou fe porque vivín alí varios anos, de que aguantar aquela calor chega a ser insoportable.

Pero el, coma os demais, tamén estaba alí, só que nesta ocasión estaba concentrado, sen pensar na calor, mirando o final da pista para batirse cos mellores atletas do mundo, intentando coma o resto conseguir outro trofeo máis, o do campión do mundo de 800 m. Ese e Adrián. Podería dicir que un rapaz novo coma outro calquera, pero non, este é un rapaz especial cun combustible especial que fai que as súas pernas o leven máis rapido que ninguén, que a maioría dos mortais.

Acaba a carreira pero por moi pouqiño esta vez non puido ser... non pasa nada!!! Xa haberá máis intentos e seguro o conseguirá. Chegar a ese nivel non é fácil pero xa está aí, quédalle moitísimo camiño por diante e xa sabe o que é codearse coa elite, cada vez mellor sabe «de que pé coxean».

Como digo, é moi novo e seguro que lle quedan moitos triunfos coma o de fai tan só uns días na mesma pista de Budapest. Este é Adrián Ben Montenegro!!!

Noraboa CAMPIÓN.