O primerio é agradecer a contestación do Sr. Alcalde, logo de haber presentados máis de 17 denuncias e solicitudes de documentación, lástima que sexa na prensa e non de xeito persoal, porque de xeito oficial está claro que o silencio administrativo no concello de Foz e de uso habitual.
É imposible para un veciño que non dispón dos medios materiais e coercitivos dun Alcalde, intentar defender a súa propiedade ante un criterio subxetivo, xa que descoñecemos o documento ou documentos nos que se basa o Sr Alcalde para establecer a anchura do camiño público en cuestión, nin o informe técnico que estableza que ditos pedreiros resultan un perigo para a circulación, toda vez que por exemplo, os cazadores nos seus vehículos con remolque circulan sin ningún tipo de perigo nin limitacións.
Cando fala dos veciños utiliza un recurso político de alto resultado, obrar en defensa dun ben común, cando neste caso dito ben non corre ningún perigo, sin embargo só a empresa EUROARCE CAOLINES denunciou a colocación das pedras, reitero dentro da miña propiedade, da que esta empresa leva facendo uso anos sin o meu consentimento.
Erra o señor alcalde, e resulta sorprendente que descoñeza as lindes do seu concello, ao decir que o camiño chega a Celeiro (Barreiros), cando o camiño comenza no vial principal 1C.1.1236 (O Loureiro) e remata no vial secundario 1C.1.1170 (Campo da Feira), definido como rústico de uso agrario e non industrial.
Fai vostede mención a sacas de madeira para xustificar unha actuación abusiva, cando levan máis de 20 anos sin sacar madeira polo campo da feira.
A única zanxa que existe actualmente, xa que as existente tradicionalmente foron tapadas nos recheos pola empresa, leva nese lugar máis de 12 anos, e vinme obrigado a facela para evitar nos días de chuvia que a auga entrara na miña vivienda, e ao mesmo tempo protexer o camiño, toda vez que a empresa, sin permiso dos titulares de parte do terreo, e sin autorización municipal procedera en varias ocasións ao recheo de camiño, alterando o mesmo, actuación esta que debería ser vixiada e impedida por vostede xa que ten a obriga da manter os viais públicos, pero claro, tamos falando dunha empresa a nivel nacional e non dun veciño. Infórmolle que a propia empresa se encarga de mantela en boas condicións.
Para finalizar, quede claro que o Sr. Alcalde minte ao decir que atendeu as nosas solicititudes, xa que a estas alturas seguimos sin ter ningunha comunicación oficial, por eso chegamos a esta situación, e ademáis e verdadeiramente triste ter que “conversar” con él a través dun medio de comunicación, e non aquí na Espiñeira, no propio camiño que nos ocupa, para que puidera ver e escoitar en primeira persoa a nosa situación.